OFERTA DE EMPREGO
CONVOCATORIA CONTRATACIÓN PERSOAL CITMAga
OFERTA DE EMPREGO
PROXECTO: “HPC Simulation of Metal Powder Segregation in manufacturing of cored wire - SIMPSEG”.
REFERENCIA DA OFERTA: CITMAga-OT-09/2022.
DESCRIPCIÓN DEL PUESTO: 1 contrato como investigador/a para o proxecto de investigación no marco do proxecto SIMPSEG, concedido na convocatoria FF4EuroHPC Call-2 do proxecto FF4EUROHPC: HPC innovation for european SMES, o cal está financiado pola Unión Europea a través do programa marco Horizon 2020 (xxxxx://xxxxxx.xxxxxx.xx/xxxxxxx/xx/000000).
“FF4EuroHPC project has received funding from the European High-Performance Computing Joint Undertaking (JU) under grant agreement No 951745”.
RESPONSABLE: Dra. Xxxxx X. Xxxxxx Xxxxxx, profesora titular do Departamento Enxeñería mecánica, máquinas e motores térmicos e fluídos da Universidade de Vigo e investigadora vinculada ao CITMAga.
PERFIS DOS CANDIDATOS: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as e Mestrados relacionados coa Informática, a Enxeñeria, as Matemáticas e a Fisica (ou similares).
MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:
Formación e experiencia xeral a valorar (40 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
o Expediente académico do grao ou licenciatura, enxeñería e/ou mestrado (no seu caso).
o Grao de afinidade das titulacións do candidato cos ámbitos da Matemática Aplicada e Industrial.
o Coñecemento e experiencia previa en modelización, simulación numérica e optimización, e na implementación e validación en computador de algoritmos e métodos numéricos.
o Coñecemento e experiencia previa na modelización matemática e na simulación numérica relacionada coa temática do proxecto.
o Coñecemento e experiencia na execución de modelos numéricos en HPC.
o Coñecementos de inglés.
1
Consorcio Centro de Investigación y Tecnología Matemática xx Xxxxxxx
ITMATI – Oficina de Transferencia de Resultados da Investigación xxx.xxxxxx.xxx
Edif. Instituto Investigaciones Tecnológicas, planta -1 Rúa de Xxxxxxxxxxx Xxxxxxxx s/n.
15782 Campus Vida / Xxxxxxxx de Compostela. xxxxxx@xxxxxx.xxx | Telf.: x00 000 000 000
Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (30 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
Á hora de valorar as candidaturas presentadas tamén se tomará en consideración a experiencia nalgúns dos seguintes xxxxxx, todos eles relacionados cos ámbitos de investigación do Proxecto, non sendo necesario ter experiencia en todos eles:
o Coñecemento de método de elementos discretos (DEM/ DPM), para simular modelos parametrizados de sistemas granulares sólidos.
o Programación en linguaxes de cálculo científico (C++, Matlab, Python, etc.).
o Experiencia no uso de software libre de simulación numérica (LIGGGHTS, MercuryDPM, OpenFoam).
o Experiencia no uso de software en entornos Linux.
o Experiencia profesional previa relacionada coa temática do proxecto.
o Valorarase a posesión de grao de doutor ou máster en disciplinas afíns á temática.
Entrevista persoal e cartas de recomendación (30 puntos).
As persoas candidatas seleccionadas de acordo cos criterios anteriores serán convocadas a unha entrevista persoal e a unha proba relativa ás funcións do posto. Xxxxx xxxxxxxx fase teranse en conta as cartas de recomendación que cheguen para o candidato; só se admitirán 3 cartas de recomendación por candidato, que deberán ser remitidas directamente pola persoa que emita o informe e non o propio candidato. Entrevistarase polo menos ás/vos tres candidatas/vos con xxxxxx valoración e que entre os dous apartados anteriores alcanzasen polo menos 35 puntos.
REQUISITOS XERAIS DOS CANDIDATOS
Para ser admitidas/os, as persoas aspirantes, ademais de cumprir os requisitos específicos esixidos na actividade ou proxecto para a que realicen a súa solicitude indicados no punto anterior, deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes e mantelos ata a data prevista de finalización do contrato, os seguintes requisitos de carácter xeral:
o Ter nacionalidade española ou dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ao que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
o Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, a/o cónxuxe das persoas con nacionalidade española e de algún dos demais Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevea o correspondente tratado, o dos nacionais de algún estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España
2
Consorcio Centro de Investigación y Tecnología Matemática xx Xxxxxxx
ITMATI – Oficina de Transferencia de Resultados da Investigación xxx.xxxxxx.xxx
Edif. Instituto Investigaciones Tecnológicas, planta -1 Rúa de Xxxxxxxxxxx Xxxxxxxx s/n.
15782 Campus Vida / Xxxxxxxx de Compostela. xxxxxx@xxxxxx.xxx | Telf.: x00 000 000 000
lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte un anos ou maiores de dita idade que xxxxx ao seu cargo.
o Así mesmo poderán participar as persoas con nacionalidade de países non membros da Unión Europea ou que non estean incluídos no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. No obstante, a formalización do contrato laboral con xxxxx nacionais queda condicionada a que os aspirantes teñan concedida a excepción ou permiso de traballo e residencia legal en España.
o Ter cumpridos os 16 anos.
o Estar en posesión da/s titulación/s válida/s en España que se indique/n de acordo á lexislación española.
o Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física o psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes.
o Non estar separado, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño das funcións públicas.
CONDICIÓNS:
Retribución bruta mensual: 1.862,62 € en 12 pagas. Esta praza levará un complemento de proxecto de 187,46 € mensuais.
Data inicio prevista: a partir do dia seguinte á data da resolución da selección.1 Duración: 13 meses.2
Xornada laboral: tempo completo.
COMISIÓN DE EVALUACIÓN:
As solicitudes presentadas serán valoradas por unha Comisión de Avaliación designada ao efecto. A Comisión estará constituída polo responsable científico do Proxecto (presidiraa), membros do equipo de investigación do proxecto adscritos ao Centro, un investigador adscrito ao Centro que non participe no proxecto e o secretario, que será designado polo Centro. A Comisión de
1 A data de inicio prevista pode sufrir modificacións en función da data de resolución de adxudicación do contrato. A contratación entrará en vigor en canto a dispoñibilidade da actividade permítao.
2 A duración do contrato pode sufrir modificación en función da data de resolución de adxudicación do contrato e/ou da actividade/proxecto de investigación. Contrato vinculado a proxecto financiado con Fondos Europeos.
3
Consorcio Centro de Investigación y Tecnología Matemática xx Xxxxxxx
ITMATI – Oficina de Transferencia de Resultados da Investigación xxx.xxxxxx.xxx
Edif. Instituto Investigaciones Tecnológicas, planta -1 Rúa de Xxxxxxxxxxx Xxxxxxxx s/n.
15782 Campus Vida / Xxxxxxxx de Compostela. xxxxxx@xxxxxx.xxx | Telf.: x00 000 000 000
Avaliación farase pública unha vez finalizado o período de avaliación coa resolución xxxxx convocatoria.
LUGAR DE TRABALLO: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática xx Xxxxxxx (CITMAga), Campus Lagoas-Marcosende, Vigo (Pontevedra).
ENVÍO DE SOLICITUDES
As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 19 de abril de 2022 ás 23:59 horas as solicitudes, que deberán incluír (en galego, xxxxxxxx ou inglés) unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículo vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), os títulos e os expedientes académicos de Grao/Licenciatura/Enxeñería y Mestrado; e a vida laboral (que acredite os méritos profesionais que aparecen no currículo vitae). Toda a documentación remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: xxxxxx@xxxxxx.xxx indicando en “asunto” a referencia da oferta CITMAga-OT- 09/2022. Unha vez recibida a solicitude confirmarase a recepción da mesma mediante correo electrónico. Os candidatos que sexan convocados á fase de entrevista deberán aportar documentación orixinal dos méritos aportados.
PRAZOS E RESOLUCIÓN:
Recepción de solicitudes: ata o 19 de abril de 2022 ás 23:59 horas
Avaliación de solicitudes e realización de entrevistas persoais: posterior ao 19 de abril de 2022. Resolución da convocatoria: abril 2022.
LISTADO DE AGARDA
Xxxxx resolución da convocatoria, os/as candidatos/as que non foron seleccionados/as e cumpran os requisitos establecidos nos criterios da convocatoria de praza, e respectando o indicado na convocatoria, constituirán un “listado de espera” no xxxxx xxxx convocatoria por orde de méritos e valía. Dito “listado de espera” farase público o mesmo día da resolución da convocatoria, e estará en vigor durante todo o tempo de duración da obra ou servizo involucrada na convocatoria. A Comisión de Avaliación da convocatoria, se o estima convinte, poderá xxxxx uso do “listado de espera”, sempre e cando algún traballador cause baixe voluntaria no marco do proxecto e durante todo o tempo de duración do mesmo.
CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS
O persoal contratado a xxxxxx xxxxx convocatoria dedicarase en exclusividade á realización das actividades propias do proxecto/actividade que orixine a convocatoria, polo que a duración da contratación está vinculada directamente á propia vida do proxecto/actividade específica, así como á existencia de financiación concreta derivada do mesmo. Os importes contemplados
4
Consorcio Centro de Investigación y Tecnología Matemática xx Xxxxxxx
ITMATI – Oficina de Transferencia de Resultados da Investigación xxx.xxxxxx.xxx
Edif. Instituto Investigaciones Tecnológicas, planta -1 Rúa de Xxxxxxxxxxx Xxxxxxxx s/n.
15782 Campus Vida / Xxxxxxxx de Compostela. xxxxxx@xxxxxx.xxx | Telf.: x00 000 000 000
poderán sufrir as variacións que establezan as normas que lles sexan de aplicación ou por causas sobrevidas non previstas inicialmente.
NATUREZA DOS CONTRATOS
A contratación non implica ningún compromiso en canto a posterior incorporación á plantilla de CITMAga.
RESPONSABILIDADES SUBSIDIARIAS
As persoas contratados xxxxxxx xxxxxx a confidencialidade da actividades que realicen, así como gardar sixilo de todas as cuestión e asuntos inherentes á mesma e das que sexa coñecedor.
INCOMPATIBILIDADES
Os contratos obxecto da convocatoria quedan sometidos, en canto o seu réxime de incompatibilidades, ao previsto na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do Persoal ao Servicio das Administracións Públicas.
Toda a información en relación con esta convocatoria, así como a resolución xxxxx, publicarase na páxina web de CITMAga xxxxx://xxxxxxx.xxx/xxxxxxxx-xxxxxxxxx-xxxxxxxx e na páxina web de ITMATI xxxx://xxx.xxxxxx.xxx/ .
Xxxx Xxxxx Xxxxxxxxx Xxxxxx
Directora Científica en funciones de CITMAga.
5
Consorcio Centro de Investigación y Tecnología Matemática xx Xxxxxxx
ITMATI – Oficina de Transferencia de Resultados da Investigación xxx.xxxxxx.xxx
Edif. Instituto Investigaciones Tecnológicas, planta -1 Rúa de Xxxxxxxxxxx Xxxxxxxx s/n.
15782 Campus Vida / Xxxxxxxx de Compostela. xxxxxx@xxxxxx.xxx | Telf.: x00 000 000 000
Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature
Asinante/Firmante/Signer: XXXX XXXXX XXXXXXXXX CASAIS, NIF ***3178**, 04/04/2022 22:03:10.
CSV: D8C5-53CC-4B6C-8884