MIMO
MIMO
Entidad Colaboradora de Adopción Internacional
C.I.F. G-81634578
CONTRATO DE INTERMEDIACIÓN EN ADOPCIÓN INTERNACIONAL
En__________________, a _____de de 201_
REUNIDOS
Dunha parte:
D./D.ª. Xxxxx Xxxxxx Xxxxx Xxxxxxxxx, con DNI núm.00.000.000, actuando en nome e representación da Entidade Colaboradora de Adopción Internacional MIMO, con domicilio en A Coruña, Avda. Arteixo, 2-2º Drta.
Doutra parte:
D./Dª. _______________, con DNI núm.________ e D./D.ª_______________, con DNI
núm.________, con domicilio en e actuando no seu propio nome e representación.
Ambas as dúas partes, que se recoñecen capacidade legal suficiente e prestan o seu consentimento para a formalización do presente contrato,
EXPOÑEN
Que a Entidade Colaboradora de Adopción Internacional MIMO (en adiante a ECAI), é unha entidade sen ánimo de lucro, inscrita no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta xx Xxxxxxx e habilitada por esta como Entidade Colaboradora de Ad opción Internacional para exercer as funcións de intermediación para a adopción internacional en HUNGRIA por resolución de data 14 de abril de 2011 e de acordo coa autorización concedida polas autoridades de Hungría mediante resolución de data 9 de Xullo de 2010.
Que D.________ e D.ª________ (en adiante as persoas solicitantes) están interesadas na adopción dun/dunha menor de orixe húngaro, para o que requiren á ECAI para que realice os traballos de xestión e intermediación en adopción internacional.
Que antes da sinatura do presente contrato as persoas solicitantes recibiron información completa dos requisitos, proceso e condicións da adopción en HUNGRÍA , así como da actuación da ECAI, de todo o que recibiron un dossier escrito, que declaran ter lido e comprendido e cuxa relación de documentos incorpórase como anexo II.
Que as persoas solicitantes obtiveron con data__________ o certificado de idoneidade para a adopción en Hungría emitido pola Secretaría Xeral de Política Social da Xunta xx Xxxxxxx.
Avda. Arteixo, 2 – 2º Dcha. 4060 Balmazújváros - Hungary
15004 A Coruña – España Nádudvar u. 30 Tfno. 881.963.996
E-mail: xxxxxxxxxxx@xxxxx.xx Tel.: 00-000 000 000
Por canto antecede, as partes acordan formalizar o presente contrato de arrendamento de servizos, de acordo coas seguintes
CLÁUSULAS
Primeira.- Obxecto do contrato.
O presente contrato ten por obxecto a prestación por parte da ECAI de servizos de intermediación na tramitación do expediente de adopción internacional das persoas solicitantes en Hungría.
A intermediación comprende toda actividade que xxxx por obxecto intervir poñendo en contacto ou en relación ás persoas solicitantes de adopción coas autoridades, organizacións e institucións do país de orixe ou residencia da ou do menor e prestar a asistencia suficiente para que a adopción se poida levar a cabo.
A execución do presente contrato levarase a cabo sempre baixo a primacía do interese superior da/do menor e desenvolverá as súas funcións de acordo co disposto no Convenio xx Xxxx do 29 xx xxxx de 1993, relativo á protección do neno e á cooperación en materia de adopción internacional; a Convención sobre os dereitos da infancia do 20 de novembro de 1989; a Lei 54/2007, do 28 de decembro, de adopción internacional; a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia xx Xxxxxxx; o Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia; a lexislación do país de orixe da/do menor e as instrucións que para o efecto dite a Secretaría Xeral de Política Social.
As funcións que debe realizar a ECAI serán as seguintes:
1. Información e asesoramento ás persoas interesadas en materia de adopción internacional.
2. Intervención na tramitación de expedientes de adopción ante as autoridades competentes, tanto españolas como estranxeiras.
3. Asesoramento e apoio ás persoas solicitantes de adopción nos trámites que necesariamente deben realizar en España e no estranxeiro.
4. Realizar as xestións correspondentes para o cumprimento das obrigas postadoptivas establecidas para as persoas adoptantes na lexislación de Hungría que lle sexan encomendadas, nos termos fixados pola Xunta xx Xxxxxxx.
A sinatura do presente documento non outorga ás persoas solicitantes ningún dereito á terminación do procedemento de adopción internacional dun/xx xxxxx, nin a que esta se produza nun tempo determinado.
Segunda.- Profesionais.
A ECAI, a través das/dos seus profesionais, suxeitos/as ao réxime de actuación previsto no artigo 106 do Decreto 42/2000, levará a cabo as súas funcións de intermediación coa debida
dilixencia e informará puntualmente ás persoas solicitantes sobre o desenvolvemento do proceso.
Terceira.- Exclusividade.
Mediante a sinatura do presente contrato, as persoas solicitantes comprométense a non iniciar durante a súa vixencia outro procedemento de adopción internacional en calquera outro país, agás expresa autorización da Xunta de Xxxxxxx xxxxxxx o previsto no artigo 89.3 do Decreto 42/2000, para os casos en que as autoridades dun país paralicen a tramitación de adopcións internacionais.
Cuarta.- Obrigas da ECAI.
Son obrigas da ECAI:
Con carácter xeral:
1. Informar e asesorar as persoas solicitantes sobre a adopción internacional en xeral, o proceso adoptivo, as condicións específicas de tramitación en Xxxxxxx x x actuación da ECAI e xxxxxx actualizada a dita información.
2. Inscribir a solicitude das persoas solicitantes no Rexistro da entidade, por orde de entrada, reflectindo a data de recepción do certificado de idoneidade, da sinatura do contrato e das restantes fases de tramitación do expediente.
3. As persoas solicitantes deberán dispoñer de copia selada da súa solicitude na que se fará constar a súa data de entrada e o número de rexistro correspondente.
4. Completar, a petición das persoas solicitantes, o expediente de adopción internacional en calquera das súas fases, para o que obterá os documentos necesarios e procederá, xx x x xxxx, a traducilos e a efectuar as xestións necesarias para a súa legalización e autenticación.
5. Desenvolver actividades de preparación e formación para a adopción adaptadas ao país de orixe da/do menor.
6. Remitir a documentación que conforme o expediente ao país de orixe da ou do menor, dirixíndoa á persoa que represente a ECAI no país e informando diso á xefatura territorial correspondente.
7. Presentar a través da persoa que a represente, a documentación do expediente á autoridade competente no país, informando ás persoas solicitantes por escrito da data en que se produza esta presentación.
8. Xxxxxx informadas ás persoas solicitantes e á correspondente xefatura territorial da situación da tramitación do expediente, poñendo no seu coñecemento os impedimentos e dificultades que poidan xurdir durante o proceso.
9. Seguir e activar o procedemento de adopción, mantendo os oportunos contactos cos organismos públicos competentes. Para tal efecto, reclamará, cando sexa necesario, os documentos pertinentes dos organismos que correspondan. Esta información será facilitada por escrito cando así se lle sexa requirida.
10. Comunicarlle ás administracións competentes de calquera dos dous países intervenientes todas aquelas circunstancias que sobreveñan no transcurso da tramitación do expediente e que puideran supoñer modificación sobre a idoneidade ou cumprimento dos requisitos das persoas solicitantes
11. Xustificar documentalmente todos os pagamentos recibidos das persoas solicitantes e todos os gastos directos imputables ao expediente. A xustificación dos gastos indirectos realizarase mediante factura emitida pola ECAI a nome das persoas solicitantes. A dos gastos directos mediante copia das facturas que xxxxxxx os ditos gastos, podendo as persoas interesadas esixir a exhibición do orixinal.
12. Facilitarlles ás persoas solicitantes o acceso ao seu expediente de adopción internacional e, xx x x xxxx, entregar copias dos documentos que obren no seu poder.
A partir de que se produza unha preasignación:
1. Recibir do organismo oficial do país de orixe da ou do menor o documento referente á preasignación da ou do menor.
2. Comunicarlle a preasignación á correspondente xefatura territorial, facilitándolle todos os datos dispoñibles sobre a ou o menor de que xx xxxxx e en particular aqueles que poidan ser máis relevantes de cara á aceptación como as circunstancias de saúde e familiares da ou do menor e aquelas circunstancias que ocasionaron a súa declaración de adoptabilidade.
3. Presentar no organismo oficial do país de orixe da ou do menor, a través da persoa que a represente, os documentos relativos á aprobación ou non da preasignación e da aceptación das persoas solicitantes.
4. Facilitar, cando sexa necesario, o outorgamento de poderes por parte das persoas solicitantes para a actuación de avogados/as e procuradores/as ou figuras análogas no país de orixe da ou do menor ante os órganos xudiciais ou administrativos competentes do dito país.
5. Informar as persoas solicitantes coa maior antelación posible do momento en que poidan trasladarse ao país de orixe da ou do menor para ultimar os trámites da adopción.
6. Acompañar as persoas solicitantes durante a súa estancia no país de orixe da ou do menor para a realización dos trámites e actuacións necesarias.
7. Asesorar as persoas solicitantes na resolución de incidencias que poidan xurdir durante a súa estancia no país en relación co proceso de adopción da ou do menor.
A partir da constitución da adopción:
1. Comprobar que a ou o menor reúne todos os requisitos para a entrada e residencia en España e de que dispón de toda a documentación pertinente para o recoñecemento e eficacia da resolución estranxeira no noso país, sen prexuízo de que a valoración e decisión corresponda ás autoridades competentes do país de orixe ou de recepción.
2. Comunicarlle á correspondente xefatura territorial a constitución da adopción ou, xx x x xxxx, a xxxxxx legal con fins de adopción en España e a chegada da ou do menor ao noso país, facilitando unha copia da resolución de adopción ou xx xxxxxx.
3. Realizar e remitir ao organismo competente do país de orixe da ou do menor, cando así o requira e coa periodicidade que se sinale, os informes de seguimento da adaptación da ou do menor á súa nova familia, agás autorización expresa da Xunta xx Xxxxxxx para non realizalos.
4. Asesorar e instar ás persoas adoptantes para que soliciten a inscrición da adopción no Rexistro Civil, de non terse realizado no consulado español do país de orixe da ou do menor, así como para que propoñan a constitución da adopción plena en casos xx xxxxxx legal con fins adoptivos.
5. Comunicarlle á xefatura territorial correspondente e ao organismo competente do país de orixe da ou do menor que a resolución de adopción se inscribiu no Rexistro Civil ou consular correspondente e facilitarlle á xefatura territorial unha copia da inscrición rexistral.
6. Prestar servizos de apoio á ou ao menor adoptado e ás persoas adoptantes e, en caso necesario, orientar ás familias cara a servizos de atención sanitaria, educativa u outros.
Quinta.- Obrigas das persoas solicitantes.
As persoas solicitantes de adopción están obrigadas a:
1. Participar nos procesos de formación e preparación para a adopción, levados a cabo pola ECAI co obxecto de afondar no seu proxecto adoptivo.
2. Facilitar á ECAI en tempo e forma canta información sexa requirida para a tramitación do expediente, así como a documentación que necesariamente deba ser achegada xx xxxxx de todo o xxxxxxx xxxxx persoas solicitantes para a tramitación e incorporación ao seu expediente de adopción. A información facilitada xxxxxx ser completa e certa.
3. Comunicarlle á ECAI á maior brevidade posible calquera cambio que se produza nas circunstancias persoais, familiares ou de calquera índole recollidas nos in formes psicosociais, así como calquera outra circunstancia relativa ao procedemento de adopción internacional.
4. Aboar á ECAI, na forma e condicións descritas na cláusula sexta do presente contrato, o custo dos servizos de intermediación prestados, de conformidade cos cadro de gastos autorizados pola Xunta xx Xxxxxxx.
5. Viaxar ao país de orixe da ou do menor cantas veces sexa necesario para o proceso de adopción cando llelo indique a ECAI.
6. Remitir ou entregarlle á ECAI, no prazo de 15 xxxx desde a chegada a España, unha copia da resolución de adopción ou xx xxxxxx con fins adoptivos.
7. Cumprir co proceso de seguimento postadoptivo coa periodicidade e na forma esixida polo país de orixe da ou do menor. Para isto deberán facilitarlle coa suficiente antelación á ECAI as fotografías e calquera documento que se requira para
completar os informes de seguimento e facilitar os ditos informes se por causas xustificadas non puidesen ser realizados pola ECAI.
A Autoridade Central de Hungría obriga neste momento á realización xx xxxxx (4 ) informes de seguimento, o primeiro ós dous meses da chegado do menor a España, e os tres restantes con una periodicidade de seis meses. O dito cumprimento queda suxeito aos posibles cambios no número e periodicidade dos seguimentos postadoptivos que poidan darse nun futuro.
8. Colaborar coa persoa que represente a ECAI e demais persoal xxxxx seguindo as súas indicacións para o bo fin da adopción.
9. Recoñecer a ECAI como único intermediador no proceso de adopción, absténdose xx xxxxxx calquera contacto directo coas autoridades e organismos do país de orixe da ou do menor para realizar actuacións que lle correspondan á ECAI.
Sexta.- Réxime económico.
O custo total dos servizos de intermediación na tramitación do expediente ascende a ONCE MIL CENTO DEZAOITO EUROS E CINCO CÉNTIMOS (11.118,05 €). Esta cantidade inclúe os conceptos que se especifican no anexo I.
A ECAI que reciba un expediente xa iniciado só poderá cobrar a parte correspondente ás fases que sexa necesario realizar para completar a súa tramitación.
A realización de trámites ou xestións imprevistas necesarias para a tramitación do expediente xxxxx xxxxxxx xxxxx persoas solicitantes e adecuadamente xustificadas pola ECAI, cando xxxxx vaian referidos a servizos de intermediación.
Non están incluídos no prezo do contrato e serán por conta das persoas solicitantes as probas ou revisións médicas complementarias da ou do menor asignada/o solicitadas polas persoas adoptantes, os seus gastos de viaxe, estancia e manutención, os gastos de estancia e manutención da ou do menor no seu país de orixe unha vez lles sexa entregada/o ás persoas solicitantes e as viaxes da ou do menor.
O pagamento fraccionarase do seguinte modo:
- Primeiro pagamento: Á sinatura do contrato aboarase o 50% dos gastos indirectos , tres mil CINCOCENTOS VINTE EUROS CON SETE CÉNTIMOS ( 3.520,07 €) e efectuarase unha provisión de fondos de dous mil douscentos cincuenta e un euros con quince céntimos (2.251,15 €), que corresponden aos (*) gastos directos previstos ata a realización do segundo pagamento.
(*) De esta cantidade765,75 € corresponden a costes directos en España, e 1.485,40 € a costes directos en Hungría
- Segundo pagamento: Aceptada a asignación, aboarase o 25% dos gastos indirectos mil setecentos sesenta uros con catro céntimos (1.760,04 €) e efectuarase unha provisión de fondos de mil cincocentos vinte euros con corenta e cinco céntimos (1.520,45 €), que corresponden aos (*) gastos directos previstos ata a realización do terceiro pagamento.
(*) De esta cantidade, 459,45 € corresponden a costes directos en España e 1.061,00 a costes directos en Hungría.
- Terceiro pagamento: Antes da realización da viaxe ao país aboarase o 25% dos gastos indirectos mil setecentos sesenta euros con catro céntimos (1.760,04 €) e efectuarase unha provisión de fondos de trescentos seis euros con trinta céntimos (306,30 €) , que corresponden aos (*) gastos directos previstos para finalizar a adopción e realizar os informes de seguimento dos dous primeiros anos xxxxx adopción, xx x x xxxx.
(*) Integramente costes directos previstos en España
No suposto de que algún dos gastos directos deba realizarse en moeda estranxeira, a xustificación posterior precisará a data e o tipo de cambio ao que se realizou.
Os seguimentos postadoptivos correspondentes ao terceiro e sucesivos anos ata completar o establecido polo país, aboaranse no momento da realización do informe.
As cantidades dos diferentes pagos fraccionados aboaranse mediante transferencia bancaria á conta da ECAI núm. 2104-3222-66-9163935475 de la entidad bancaria Caja Duero.
O incremento dos gastos indirectos producido desde a sinatura deste contrato en ningún xxxx xxxxxx un aumento do prezo pactado, polo que o prezo desta intermediación non poderá ser modificado durante a vixencia do contrato, agás por causas sobrevidas debidamente xustificadas, que en todo caso deberán serlle comunicadas á Xunta xx Xxxxxxx para a súa oportuna autorización antes da aplicación ás persoas solicitantes. De producirse modificacións, estas afectarán unicamente a aquelas partes da tramitación que no momento daquelas estean pendentes de realizar.
O prezo dos seguimentos do terceiro e sucesivos anos será o que figure no cadro de gastos vixente autorizado pola Xunta xx Xxxxxxx no momento da súa realización.
Sétima.- Resolución.
Serán causas de resolución do presente contrato as seguintes:
a) O incumprimento grave das obrigas por calquera das partes.
b) A non aceptación da solicitude de adopción internacional polas autoridades competentes do país de orixe da ou do menor.
c) A declaración de non idoneidade das persoas solicitantes como consecuencia dun procedemento de actualización e/ou revisión xxxxx.
d) A imposibilidade de continuar co procedemento por causas sobrevidas alleas á ECAI e ás persoas solicitantes.
e) O desistimento por parte das persoas solicitantes, que se poderá producir en calquera momento sen necesidade de xustificación ningunha coa simple comunicación por escrito xxxxx circunstancia.
f) A revogación ou suspensión da habilitación da ECAI por causa imputable a esta, cando así se determine na resolución que para o efecto dite o organismo público competente.
Oitava.- Paralización do expediente por causa imputable ás persoas interesadas .
A paralización do expediente por causa imputable ás persoas interesadas por prazo superior a tres meses xxxx xxxxx á devolución do expediente á Xunta xx Xxxxxxx, que adoptará as medidas que procedan.
Novena.- Liquidación.
1. Nos supostos de finalización do contrato por constitución da adopción se procederase á liquidación das obrigas económicas da seguinte forma:
- Os gastos indirectos non se liquidan.
- Respecto dos gastos directos, as persoas solicitantes aboaranlle á ECAI ou esta lles devolverá a aquelas a diferenza resultante entre as achegas realizadas e o custo real das actuacións.
2. Nos casos de resolución do contrato procederase á liquidación das obrigas económicas de acordo coas seguintes regras:
2.1 Cando a resolución se acorde polas causas recollidas nas letras b), c) e d) da cláusula sétima, a ECAI non devolverá os gastos indirectos aboados polas persoas solicitantes nin os gastos directos das actuacións efectivamente realizadas. As persoas solicitantes xxxxx dereito a que a ECAI lles reembolse os gastos directos aboados e correspondentes a actuacións non realizadas.
2.2 Cando a resolución se produza por incumprimento das obrigas por parte da ECAI ou pola revogación ou suspensión da súa habilitación por causas imputables a ela, a liquidación realizarase do seguinte modo:
- Se as actuacións realizadas pola ECAI conservan a súa validez e eficacia para a continuación do expediente, procederase do modo previsto no punto 1 xxxxx cláusula.
- Se é necesario realizar novamente as actuacións levadas a cabo pola ECAI, esta debe devolver ás persoas solicitantes a totalidade das cantidades aboadas.
2.3 Cando o contrato se resolva por incumprimento das obrigas por parte das persoas solicitantes, polo seu desestimento ou por revogación ou suspensión da habilitación da ECAI non imputable a ela, esta non devolverá ningunha cantidade efectivamente aboada e as persoas solicitantes deberanlle á ECAI os gastos directos non aboa dos e correspondentes a actuacións efectivamente realizadas.
2.4 O establecido nos apartados 2.2 e 2.3 entenderase se prexuízo das posibles indemnizacións que poidan proceder polos xxxxx causados.
Décima.- Confidencialidade.
De acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, as persoas interesadas están informadas e aceptan a incorporación dos seus datos persoais aos ficheiros automatizados rexistrados na Axencia de Protección de Datos, os que se
conservarán neles con carácter confidencial e tan só se porán en coñecemento das persoas que deban intervir no proceso de adopción. O titular do ficheiro é a ECAI MIMO, inscrita no Rexistro Xeral de Protección de Datos co núm. 2102171776. As persoas solicitantes poden exercer, en todo momento, os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición. Para iso teñen que dirixirse á ECAI, ao enderezo de correo electrónico xxxxxxxxxxx@xxxxx.xx , ou por escrito mediante carta dirixida á Avda. Arteixo 2.2º Drta. A Coruña (C.P. 15004) .
No país de orixe da ou do menor será de aplicación a normativa de protección de datos daquel, non sendo responsable a ECAI do tratamento que dos datos poidan xxxxx as autoridades do país de orixe da ou do menor.
En todo caso, as persoas solicitantes e a ECAI quedan obrigadas a respectar a confidencialidade dos datos das ou dos menores asignados durante todo o proceso adoptivo.
Concluída a tramitación dun expediente e, xx x x xxxx, o seguimento comprometido, a ECAI remitiralle á Xunta xx Xxxxxxx a documentación que quedara no seu poder.
Décimo primeira.- Responsabilidade civil.
En cumprimento do artigo 105.1 i) do Decreto 42/2000, a ECAI ten concertado un seg uro de responsabilidade civil para garantir calquera tipo de responsabilidade deste carácter que derive do seu funcionamento.
Décimo segunda.- Vixencia.
A vixencia do presente contrato será a comprendida entre a súa sinatura e o remate do procedemento de adopción no país de orixe da ou do menor, xa sexa esta coa consecución da adopción ou coa súa denegación polas autoridades competentes do país de orixe da ou do menor.
A non aprobación da preasignación da ou do xxxxx xxxx Xunta xx Xxxxxxx ou a non acept ación por parte das persoas solicitantes por causas xustificadas non extingue o presente contrato, continuando vixente este para a continuación do procedemento.
En caso de consecución da adopción internacional, a duración do contrato inclúe os períodos d e seguimento postadoptivos da ou do menor establecidos pola normativa aplicable do país de orixe xxxxx ou deste, agás que por autorización expresa da Xunta de Xxxxxxx xx acorde a non realización pola ECAI.
Décimo terceira.- Xurisdición competente.
Para todos os conflitos xurdidos en relación co presente contrato as partes poderán acudir aos tribunais e xulgados competentes correspondentes ao domicilio das persoas solicitantes, sempre que este radique en Galicia; noutro suposto, estarase ao disposto na Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil. Todo o anterior, sen prexuízo das formas de solución extraxudicial de conflitos previstos no ordenamento xurídico.
Así mesmo, as persoas solicitantes poderán formular reclamacións ante a Xunta de Xxxxxxx xxx o funcionamento da ECAI ou no libro de reclamacións que para tal fin ten a ECAI a disposición destas.
E, en proba de conformidade, as dúas partes asinan o presente contrato por triplicado no lugar e data indicados ao inicio.
Os solicitantes MIMO Ecai
ANEXO I
COSTES TRAMITACION SOLICITUDE ADOPCION INTERNACIONAL
H U N G R I A
GASTOS INDIRECTOS = 7.040,15 €
En España: 3.736,18 €
a) Gastos de funcionamento:
1. Gastos de persoal. (2.326,51 €)
2. Gastos de infraestrutura e equipamento. (578,33 €)
3. Gastos de oficina, subministracións e outros. (544,67 €)
4. Gastos de asesoría, bancarios, seguros e financeiros. (286,67 €)
b) Formación e acoplamento. (0 €)
No país de orixe da ou do menor: 3.303,97 €
- Gastos de representante e outro persoal da ECAI no país de orixe da ou do menor. (2.240 €)
- Gastos de infraestrutura e equipamento da oficina da ECAI. (481,96 €)
- Gastos de oficina, subministracións e outros da oficina da ECAI. (582,01 €)
- Gastos de asesoría, bancarios, seguros e financeiros.(0 €)
- Achega a proxectos de axuda social e cooperación e de mantemento da acreditación no país. (0 €)
GASTOS DIRECTOS = 4.077,90 € (previstos)
En España: 1.531,50 €
- Xestión de documentos. (231,50 €)
- Gastos de legalización e autenticación. (0 €)
- Gastos de tradución. (600 €)
- Gastos de mensaxería e correos. (300 €)
- Taxas. (0 €)
- Seguimentos postadoptivos dos dous primeiros anos: elaboración de informes, tradución, legalización e envío. (400 €)
No país de orixe da ou do menor: 2.546,40 €
- Xestión de documentos. (46,40 €)
- Gastos derivados do rexistro do expediente no país.
- Gastos de legalización. (0 €)
- Gastos de tradución. (1.500 €)
- Intérpretes (polo traballo relacionado co proceso de adopción) (1.000 €) .
- Mensaxería e correos. (0 €)
- Taxas e gastos derivados da tramitación da adopción (xudiciais e administrativos). (0 €)
- Visados e pasaporte da ou do menor. (0 €)
- Gastos médicos obrigatorios. (0 €)
- Desprazamentos das persoas adoptantes no país de orixe relacionados directamente co proceso de adopción. (0 €)
- Axuda e manutención da ou do menor desde o momento que determine a lexislación do seu país de orixe ata a entrega da ou do menor ás persoas adoptantes. (0 €)
Anexo II Contrato Intermediación
Xxxxxx informativo - A Adopción en H u n g r í a con Mimo
1. Quen somos:
Mimo é unha entidade non lucrativa, presente en Hungría e España dende 1997. Formada por persoas que dende moito antes traballaban de xeito voluntario e non remunerada, axudando a familias españolas que desexaban encontrar os seus fillos en Hungría.
Hai oficinas Mimo noutros lugares de España, pero en Galicia encóntrase na
o Avenida de Arteixo, n. º 2-2º Dta. da Coruña (C.P. 15004).
o Teléfonos 000000000 -915430070
o Fax: 000000000 - 00.000.00.00
o Correo electrónico: xxxxxxxxxxx@xxxxx.xx // xxxxxxxx@xxxxx.xx
En Hungría a oficina Mimo está en
0000 Xxxxxxxxxxx, Xxxxx xxxx 00, 0/00
Teléfono e fax: 0000.00.000.000 (por favor, en húngaro; as persoas de centralita non falan español)
Emerxencias: 0036.304.581.386 (por favor, só reais emerxencias; para consultas, informacións e preguntas está a oficina Mimo España)
Cando a familia estea en convivencia, en territorio húngaro, terá o número de móbil de Garda Mimo España e Garda Mimo Hungría; facilitaranse ambos os dous a véspera da viaxe.
O persoal de Mimo Hungría en España é ol seguinte:
a. Xxxxxxxxx Xxxxx, responsable de Administración, documentación, tramitación
x. Xxxx Xxxxx, responsable de seguimentos e/ou consultas
c. Xxxxxx Xxxxx, responsable de relacións internacionais
d. Xxxxx Xxxxxx Xxxx, responsable asuntos legais
e. Xxx Xxxxxxxxxx, responsable asuntos legais
f. Xxxxxx Xxxxxx, responsable seguimentos e/ou consultas
g. Xxxxxxxx Xxxx, responsable seguimentos
h. Xxxx Xxxxxx: responsable de lingua e cultura
i. Xxxxxxxxx Xxxx, responsable contabilidade
j. Xxxxx Xxxxx, directora xeral
O persoal en Hungría é o seguinte:
a. Xxxxx Xxxxx: directora xeral de Conselleiras Mimo (licenciada en filoloxía e en economía; titulación para exercer en tribunais para xuízos de adopción.
b. Xxxxxxx Xxxx: conselleira (licenciada en medicina e estomatoloxía infantil; titulación para exercer en tribunais para xuízos de adopción)
c. Xxxxxx Xxxxx: conselleira
d. Xxxxx Xxxxxxxxx, conselleira
e. Outras conselleiras segundo necesidades
2. O que o País Pide:
Idade dos solicitantes e idades dos posibles xxxxx xxxxxx con frecuencia, isto depende de xxxxxx xxxxx entren para adopción internacional e de que idade sexan; cantas solicitudes de parellas estranxeiras haxa. As familias deben ter en conta que, como na maioría dos países, unha cousa é o que a lei dun país autorizaría e outra, moi diferente, o que é posible/probable en cada momento. A lei húngara permite a adopción de bebés; non obstante, poucas veces hai algún para estranxeiro. Neste momento para o 2012 as solicitudes que a Hungría lle parece razoable admitir serían:
o Para un só neno, peticións de 1 a 6/7 anos ( ou máis, xx x xxxxxxx ten máis de 48 anos)
o Para 2 irmáns, peticións de 1 a 6/7 anos (ou máis, xx x xxxxxxx ten máis de 48 anos
Para 3 irmáns, calquera posible idade, intentando que non haxa unha diferenza de máis de 40 anos cos pais
Xx x xxxxxxx desexa un neno de 10 anos ou máis, o mesmo que no caso de grupos grandes, Mimo fará unha consulta telefónica a Hungría e é moi posible que o ministerio confirme que a proposta sería moi rápida
Monoparentais femininas solteiras soamente poden pedir neno a partir de 10 anos.
As parellas deben estar legalmente casadas, o matrimonio pode ser recente, pero é necesario o certificado que o acredite.
Neste momento, dentro do Proxecto Gyermekszív (nenos especiais) é posible pedir nenos moi pequenos que sufriron algún ataque epiléptico e teñen tratamento; nenos con algún atraso mental ou nenos con algunha patoloxía cardíaca. Se unha familia se ofrece para un destes nenos, debe especificar que enfermidades pode aceptar. A familia debe ter en conta que a medicina húngara é moi boa: non é posible traer un neno pensando en que aquí se operará e curará: se está enfermo en Xxxxxxx xxx seguir estando enfermo en España.
Hai que presentar certificados e todo un informe, perfectamente traducido e legalizado. Como isto pode cambiar con frecuencia, pregamos ás familias que non preparen nada previamente. Xxxxx xxxx a primeira reunión co persoal de Mimo, recibirán unha folla na que se explica que documentos son necesarios, onde se obtén cada un, dirección do organismo que o expide, horario e teléfono
3. Como se Realiza unha Adopción.
Unha vez MIMO recibiu o informe declarando a idoneidade da familia interesada xunto cos informes psicosociais, procedemos ao seu estudo e a citar a familia co fin de recordar e actualizar no seu caso a información relativa ao proxecto adoptivo que se inicia, trasladándolle a documentación contractual, manuais e material formativo, así como as instrucións para reunir e no seu caso legalizar a documentación.Unha vez asinados contratos, entregada a totalidade da documentación, e conformado o expediente, é enviado inmediatamente a Hungría (nas 24 horas seguintes) por mensaxería, que no prazo de 3-4 xxxx o entregará nas oficinas de Mimo no devandito país.
Toda a documentación se presenta dentro das 48 horas hábiles seguintes á súa recepción ante a Axencia nacional de traducións, que nolo devolverá debidamente traducido. O tempo que tarda en devolver o expediente debidamente traducido depende da carga de traballo da Axencia en cada momento.Estímase un prazo mínimo dun mes.
O informe completo, traducido xuradamente e legalizado, é presentado no Ministerio de Hungría, en Budapest ao día seguinte de recollelo.
Unha vez aprobado, comunican un número de rexistro, que, no caso de Hungría non é especialmente importante, porque as propostas non seguen orde rigorosa por número, xxxxx por características.
Cando un neno entra a tutela estatal e non hai para el pais adoptivos húngaros, o persoal do ministerio elixe para este neno tres posibles familias estranxeiras. Esta terna preséntase á provincia do neno, que fai a elección final, atendendo ao contido dos informes psicolóxicos (é moi importante que reflictan a realidade; os psicólogos húngaros van comprobalo logo, na convivencia obrigatoria).
Se a familia elixida é de Mimo hai que recoller toda a información, que, traducida, chega a Mimo España, preséntase á Secretaría Xeral de Política Social, e tras o seu visto e prace, aos futuros pais.
Se os futuros pais saen de inmediato cara ao país, haberá maratón formativo en Mimo (intentarase completar en 2 -3 sesións de varias horas toda a formación pendente, adaptada á provincia á que viaxarán). No caso de que transcorran aínda bastantes xxxx ata a viaxe, haberá tempo para esta formación e os pais establecerán contacto coa Conselleira Mimo que estará a cargo do seu proxecto en territorio húngaro; establecerán contacto tamén co neno ou nenos e enviarán material á dirección Provincial en Hungría para que os seus psicólogos empecen a preparar os menores
A familia debe renovar todos os documentos que Mimo lle pida (varían dun xulgado a outro, pero Mimo explícallo).En paralelo, Mimo Hungría busca aloxamento e envía a Mimo España situación, custos e fotografías das posibles xxxxx para alugar na zona.A familia xxxx xxxxx que durante a primeira semana, na que vai coñecendo os nenos, ten que aloxarse preto da familia de acollida que os coida; isto pode significar un hostal -para pais e conselleiraMimo-. Tras a primeira vista xudicial, con permiso xa para convivencia, a familia pode ir a vivir ao aloxamento elixido, sexa o buscado por Mimo ou por ela mesma -Mimo axuda, pero non é a súa obriga-
Tamén é importante que a xxxxxxx saiba:
A labor da Conselleira Mimo é axudar á formación de vínculo e nos trámites administrativo- legais e de control. Por isto, estará presente, día e noite, durante os primeiros 3-4 xxxx. E despois estará co xxxx x xxxx todas as veces que haxa control psicosocial e/ou trámites legais. A Conselleira axudará no posible aos país, pero non é una intérprete ao servizo permanente de cada familia. O obxectivo da obrigada convivencia é que páis e fillos creen vínculo afectivo, aprendan a convivir e que os país melloren o seu coñecemento da lingua do país, ao mesmo tempo que os seus fillos melloran o seu español.
A vida na convivencia xxxx xx o más natural posible, semellante á de calquera familia: xxxxx a compra, cociñar, ir xuntos as baños termais, xxxxx a roupa, xxxxx excursións case o mesmo que farán logo en España. As visitas de familiares e amigos son permitidas, pero non nos primeiros xxxx, é xxxxxx cando xa hai vínculo afectivo creado.
4 . La Parte Legal:
Tras, máis oumenos, uns 8-9 xxxx coñecendo aos nenos, haberá una vista en xulgados. A xuíza escoitará aos responsables provinciais, á conselleira Mimo, aos país e, se os xxxxx xxxxx 45 anos ou máis, lles preguntará algunas cousas tamén. Autorizará convivencia e dará aos país un documento, explicando a situación, por se a policía húngara preguntara nanlgún momento por qué una xxxxxxx estranxeira está a cargo dun menor nativo.
Durante a conviencia haberá controis: a psicóloga e/ou traballadora social da provincia irán á casa para determinar cómo vai todo. Se a familia ten problemas, pode, naturalmente, pedir axuda, o que implicará terapia a país e/ou fillos. Gratuíta por parte da provincia.
A convivencia obrigatoria (entre 30 e 60 xxxx, a criterio de autoridade tutelar/xuíz, non é o que a familia opine) implicará informes da autoridade tutelar a xulgados. Na última vista estarán presentes:
Autoridade tutelar / responsables provincia
Pais adoptivos
Nenos
Responsable tutela económica
Xxxxx sentenza, haberá trámites en Rexistros Civís, ministerio de Budapest, Consulado español. Tras uns 3-4 xxxx, a familia pode volver a España.
Nunga semana, aproximadamente, Mimo entregará á familia a tradución de sentenza.
Todos os tempos e prazos sinalados son orientativos, e poden variar en función do momento e as circunstancias alleas a MIMO.
Cando país e fillo cheguen a España deben presentarse en Mimo con todos os documentos. Mimo fará un primeriro informe para Hungría e una ficha de chegada para a Xunta xx Xxxxxxx.
Aos 2 meses hai que enviar un informe de seguimento e logo outro cada 6 meses durante 2 anos.
As familias deben saber que, aínda que a obriga co país é como se describiu, en moitas ocasións as provincias piden informes aínda que transcorreran varios anos.
5. Otras Informaciones:
As familias reciben de Mimo, xx xxxxx do proceso:
Libro Mimo I
Curso escrito Lingua Húngara para pais españois
Gravacións de idioma
Cd do país húngaro
Xogos de aprendizaxe (para P.C.)
Libro Mimo II
Gravacións para os nenos húngaros na súa lingua materna
Newsletters periódicas con noticias de Hungría
Clases presenciais: as familias poden cambiar os xxxx de curso, pero teñen que acudir a elas antes da viaxe
Toda a información acerca do país, idioma, cultura, características dos nienos, temas tales como depresións postadoptivas, manexo de situacións difíciles, psicoloxía infantil… será transmitida oralmente e unha parte está tamén escrita.
As familias non establecerán nunca contacto coa Autoridade Central, xxxxx con direccións provinciais; cada familia estará nun lugar diferente, cuxos datos recibirá de forma adecuada no momento oportuno