CONTRATO DE SERVIZOS POR PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE.
CONTRATO DE SERVIZOS POR PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE.
MODELO DE PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES
CLÁUSULA PRIMEIRA. Obxecto e cualificación
O obxecto do contrato é a colaboración na realización do servizo de AXUDA NO FOGAR, consistente na prestación dos servizos descritos nas prescricións técnicas, na parte que non se poida cubrir co persoal municipal.
O contrato definido ten a cualificación de contrato administrativo de servizos, tal e como establece o artigo 10 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.
CLÁUSULA SEGUNDA. Procedemento de Selección e Adxudicación
A forma de adxudicación do contrato de colaboración dos servizos de AXUDA NO FOGAR será o procedemento negociado sen publicidade, no que a adxudicación recaerá no licitador xustificadamente elixido polo órgano de contratación, tras efectuar consultas con diversos candidatos e negociar as condicións do contrato con un ou varios deles, de acordo co artigo 169.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.
Non será necesario dar publicidade ao procedemento para asegurar a concorrencia; é dicir, será necesario solicitarlles ofertas, polo menos, a tres empresarios capacitados para a realización do obxecto do contrato, sempre que iso sexa posible.
CLÁUSULA TERCEIRA. Perfil do contratante e anuncio
Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade, este Concello conta co Perfil de Contratante ao que se terá acceso segundo as especificacións que se regulan na páxina web seguinte: xxxxxxxxxxxxxxx.xxx.
CLÁUSULA CUARTA. Importe do Contrato
O importe do presente contrato ascende á contía de 54.421,86 euros; o prezo certo anterior queda especificado nun valor estimado de 51.479,40 euros e no Imposto sobre o Valor Engadido de 2.942,46 euros (4% para persoas valoradas como dependentes e 10% para persoas de acceso por libre concorrencia).
O prezo máximo de licitación será de 12,98 euros/hora, máis IVE, de luns a sábado dende as 7:00 horas ata as 22:00 horas, e os xxxxxxxx e festivos e horas nocturnas (das 22:00 ás 07:00 horas) de 14,00 euros/hora, máis IVE.
O importe abonarase con cargo á xxxxxxx 231-227 do vixente Orzamento Municipal.
CLÁUSULA QUINTA. Duración do Contrato
A duración do contrato de servizos será de seis meses.
CLÁUSULA SEXTA. Acreditación da Aptitude para Contratar
Poderán presentar proposicións as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar, non estean incursas en prohibicións de contratar, e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica ou profesional.
1. A capacidade de obrar dos empresarios acreditarase:
A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas, mediante a escritura ou documento de constitución, os estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que xx xxxxxx a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que xx xxxxx.
b) A capacidade de obrar dos empresarios non españois que sexan nacionais de Estados membros da Unión Europea, pola súa inscrición no rexistro procedente de acordo coa lexislación do Estado onde están establecidos, ou
mediante a presentación dunha declaración xurada ou certificado, nos termos que se establezan regulamentariamente, de acordo coas disposicións comunitarias de aplicación.
c) Os demais empresarios estranxeiros, con informe da Misión Diplomática Permanente de España no Estado correspondente ou da Oficina Consular en cuxo ámbito territorial radique o domicilio da empresa.
2. A proba por parte dos empresarios da non concorrencia dalgunha das prohibicións de contratar do artigo 60 do Rdl 3/2011, do 14 de novembro, poderá realizarse:
a) Mediante testemuña xudicial ou certificación administrativa, segundo os casos, e cando dito documento non poida ser xxxxxxxx xxxx autoridade competente, poderá ser substituído por unha declaración responsable outorgada ante unha autoridade administrativa, notario público ou organismo profesional cualificado.
b) Cando xx xxxxx de empresas de Estados membros da Unión Europea e esta posibilidade estea prevista na lexislación do Estado respectivo, poderá tamén substituírse por unha declaración responsable, outorgada ante unha autoridade xudicial.
3. A solvencia do empresario:
3.1 A solvencia económica e financeira do empresario poderá acreditarse por un ou varios dos medios seguintes:
a) Declaracións apropiadas de entidades financeiras ou, no seu caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais.
b) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán aportar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados.
c) Declaración sobre o volume global de negocios e, no seu caso, sobre o volume de negocios no ámbito de actividades correspondente ao obxecto do contrato, referido xxxx xxxxxx aos tres últimos exercicios dispoñibles en función da data de creación ou de inicio das actividades do empresario, na medida en que se dispoña das referencias de dito volume de negocios.
3.2. Nos contratos de servizos, a solvencia técnica dos empresarios acreditarase por un ou varios dos seguintes medios:
a) Unha relación dos principais servizos ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, dos mesmos. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario; no seu caso, xxxxx certificados serán comunicados directamente ao órgano de contratación pola autoridade competente.
b) Indicación do persoal técnico ou das unidades técnicas, integradas ou non na empresa, participantes no contrato, especialmente aqueles encargados do control de calidade.
c) Descrición das instalacións técnicas, das medidas empregadas polo empresario para garantir a calidade e dos medios de estudo e investigación da empresa.
d) Cando xx xxxxx de servizos ou traballos complexos ou cando, excepcionalmente, deban responder a un fin especial, un control efectuado polo órgano de contratación ou, en nome deste, por un organismo oficial ou homologado competente do Estado en que estea establecido o empresario, sempre que medie acordo de dito organismo. O control versará sobre a capacidade técnica do empresario e, xx xxxx necesario, sobre os medios de estudo e de investigación de que dispoña e sobre as medidas de control da calidade.
e) As titulacións académicas e profesionais do empresario e do persoal directivo da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución del contrato.
f) Nos casos adecuados, indicación das medidas de xestión medioambiental que o empresario poderá aplicar ao executar o contrato.
g) Declaración sobre o cadro de persoal medio anual da empresa e a importancia do seu persoal directivo durante os tres últimos anos, acompañada da documentación xustificativa correspondente.
h) Declaración indicando a maquinaria, material e equipo técnico do que se dispoñerá para a execución dos traballos ou prestacións, á que se achegará a documentación acreditativa pertinente.
i) Indicación da parte do contrato que o empresario ten eventualmente o propósito de subcontratar.
CLÁUSULA SÉTIMA. Presentación de Proposicións e Documentación Administrativa
As ofertas presentaranse no Concello, Avd. M. M. Xxxxx Xxxxxxx, 1-15885 VEDRA, en horario de atención ao público, no prazo que se indique na invitación a participar.
As ofertas poderán presentarse por correo, por telefax, ou por medios electrónicos, informáticos ou telemáticos, en calquera dos lugares establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Cando as proposicións se envíen por correo, o empresario xxxxxx xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día, consignándose o número do expediente, título completo do obxecto do contrato e nome do licitador.
A acreditación da recepción do referido télex, fax ou telegrama efectuarase mediante dilixencia estendida no mesmo polo Secretario municipal. Sen a concorrencia xx xxxxx requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado no anuncio de licitación. En todo caso, transcorridos dez xxxx seguintes a esa data sen que se recibise a documentación, esta non será admitida.
Os medios electrónicos, informáticos e telemáticos utilizables deberán cumprir, ademais, os requisitos establecidos na disposición adicional décimo sexta do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.
Cada candidato non poderá presentar máis dunha oferta. Tampouco poderá subscribir ningunha oferta en unión temporal con outros se o fixo individualmente
ou figurase en máis dunha unión temporal. A infracción destas normas xxxx xxxxx á non admisión de todas as propostas por el subscritas.
A presentación dunha oferta xxxxx a aceptación incondicional polo empresario das cláusulas do presente Xxxxx.
As proposicións para participar na licitación presentaranse en dous sobres pechados, asinados polos candidatos e con indicación do domicilio para os efectos de notificacións, nos que se fará constar a denominación do sobre x x xxxxx «Oferta para negociar a contratación do servizo de AXUDA NO FOGAR».A denominación dos sobres é a seguinte:
— Sobre «A»: Documentación Administrativa.
— Sobre «B»: Oferta económica e documentación.
Os documentos que se deben incluír en cada sobre deberán ser orixinais ou copias autenticadas, conforme á lexislación en vigor.
Dentro de cada sobre incluiranse os seguintes documentos así como unha relación numerada dos mesmos:
SOBRE «A» DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA
a) Documentos que acrediten a personalidade xurídica do empresario.
b) Documentos que acrediten a representación.
— Os que comparezan ou asinen proposicións en nome doutro, presentarán copia notarial do poder de representación, cuxa suficiencia será verificada polo Secretario da Corporación.
— Se o candidato é unha persoa xurídica, este poder xxxxxx figurar inscrito no Rexistro Mercantil, cando sexa esixible legalmente.
— Do mesmo xeito, a persoa con poder suficientemente verificado para os efectos de representación, xxxxxx achegar unha fotocopia compulsada administrativamente ou un testemuño notarial do seu documento nacional de identidade.
c) Declaración responsable de non estar incurso nunha prohibición para contratar das recollidas no artigo 60 do texto refundido da Lei de contratos do
sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.
Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse xx xxxxxxxx do cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación, polo empresario a cuxo favor xx xxxx a efectuar esta.
d) Documentos que xustifiquen o cumprimento dos requisitos de solvencia económica, financeira e técnica ou profesional.
Se a empresa se encontrase pendente de clasificación, xxxxxx achegar o documento acreditativo de ter presentado a correspondente solicitude para isto, debendo xustificar o estar en posesión da clasificación esixida no prazo previsto nas normas de desenvolvemento do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.
e) De ser o caso, un enderezo de correo electrónico en que realizar as notificacións.
f) Resgardo acreditativo de ter constituído a garantía provisional por importe de 1.546,00 euros.
g) As empresas estranxeiras presentarán declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ao foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ao licitador.
SOBRE «B»
PROPOSICIÓN ECONÓMICA E DOCUMENTACIÓN A VALORAR
a) Proposición económica.
Presentarase conforme ao seguinte modelo:
«D. , con domicilio a efectos de notificacións en , r/ , n.º , con DNI n.º ,
en representación da Entidade , con CIF n.º , xa que recibín unha invitación para a presentación de ofertas e estou informado das condicións e requisitos que se esixen para a adxudicación, por procedemento negociado, do contrato do servizo de Axuda no Fogar, fago constar que coñezo o prego que serve de base para o contrato e que o acepto integramente, que participo na licitación e que me comprometo a levar a cabo o obxecto do contrato polo importe de............euros e.........euros correspondentes ao imposto sobre o valor engadido.
En , a de de 20 .
Sinatura do candidato,
Asdo.: ».
b) Documentos relativos aos criterios de valoración cuantificables para a adxudicación do contrato
CLÁUSULA OITAVA. Garantía Provisional
Os licitadores deberán constituír unha garantía provisional por importe de 1.546,00 euros, que responderá do mantemento das súas ofertas ata a adxudicación do contrato.
A garantía provisional depositarase:
— Na Caixa Xeral de Depósitos ou nas súas sucursais encadradas nas Delegacións de Economía e Facenda, ou na Caixa ou establecemento público equivalente das Comunidades Autónomas ou Entidades locais contratantes ante as que deban producir efecto cando xx xxxxx de garantías en efectivo.
— Ante o órgano de contratación, cando xx xxxxx de certificados de inmobilización de valores anotados, de avais ou de certificados de seguro de caución.
A garantía provisional extinguirase automaticamente e será devolta aos licitadores inmediatamente despois da adxudicación do contrato. En todo caso, a garantía será retida ao licitador cuxa proposición fose seleccionada para a súa adxudicación ata que proceda á constitución da garantía definitiva, e incautada ás empresas que retiren inxustificadamente a súa proposición antes da adxudicación.
O adxudicatario poderá aplicar o importe da garantía provisional á definitiva ou proceder a unha nova constitución xxxxx última, neste caso a garantía provisional cancelarase simultaneamente á constitución da definitiva.
CLÁUSULA NOVENA. Aspectos obxecto de negociación
Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente más vantaxosa atenderase aos criterios de adxudicación establecidos na cláusula 12 do prego de condicións técnicas do SAF.
CLÁUSULA DÉCIMA. Mesa de Contratación
A Mesa de Contratación, de acordo co establecido no punto 10 da Disposición Adicional Xxxxxxx xx Xxx 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, en relación co artigo 21.2 do Real Decreto 817/2009, de 8 xx xxxx, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público estará composta da seguinte forma:
— D. Xxxxxx Xxxxxxxx Xxxxxxxx, que actuará como Presidente da Mesa.
— D. Xxxxxx X. Xxxxxx-Xxxxxx Xxxxx, Xxxxx (Secretario-Interventor da Corporación).
— Dª. Xxx Xx. Xxxxxx Xxxxxxx, traballadora social do Concello de Vedra
— Dª. Xx Xxxxx Xxxxxxx Xxxxxxxx, concelleira do Concello de Vedra.
— Dª. Xxxxx Xxxxxxxx Xxxxx, concelleira do Concello de Vedra.
— Dª. Xxxxxxxx Xxxxxxxx Xxxxxxxx que actuará como Secretaria da Mesa.
CLÁUSULA UNDÉCIMA. Prerrogativas da Administración
O órgano de contratación, de conformidade co artigo 210 do texto refundido la Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, ten as seguintes prerrogativas:
a) Interpretación do contrato.
b) Resolución das dúbidas que ofreza o seu cumprimento.
c) Modificación do contrato por razóns de interese público.
d) Acordar a resolución do contrato e determinar os efectos xxxxx.
CLÁUSULA DUODÉCIMA. Apertura de Proposicións
A Mesa de Contratación constituirase o terceiro día hábil tras a finalización do prazo de presentación das ofertas, ás 12:00 horas e cualificará a documentación administrativa contida nos sobres “A”.
Xx xxxx necesario, a Mesa concederá un prazo non superior a tres xxxx para que o licitador corrixa os defectos ou omisións emendables observados na documentación presentada.
Procederase despois á apertura e exame dos sobres «B» e comezará a negociación de acordo cos aspectos fixados no prego.
CLÁUSULA DÉCIMO TERCEIRA. Requirimento da documentación
Unha vez recibidos os informes e reunida de novo a mesa de contratación,
esta propoñerá ao licitador que presentase a oferta economicamente máis vantaxosa.
O órgano de contratación requiriralle ao licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa que, dentro do prazo de dez xxxx hábiles, contados desde o seguinte a aquel en que recibise o requirimento, presente a documentación xustificativa de estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, ou que autorice ao órgano de contratación para obter de forma directa a acreditación diso, de dispor efectivamente dos medios que
se comprometese a dedicar ou adscribir á execución do contrato, conforme o artigo
64.2 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, e de ter constituída a garantía definitiva que sexa procedente.
CLÁUSULA DÉCIMO CUARTA. Garantía Definitiva
A garantía definitiva será do 5% do importe de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido.
Esta garantía poderá prestarse nalgunha das seguintes formas:
a) En efectivo ou en valores de Débeda Pública, con suxeición, en cada caso, ás condicións establecidas nas normas de desenvolvemento xxxxx Xxx. O efectivo e os certificados de inmobilización dos valores anotados depositaranse na Caixa Xeral de Depósitos ou nas súas sucursais encadradas nas Delegacións de Economía e Facenda, ou nas Caixas ou establecementos públicos equivalentes das Comunidades Autónomas ou Entidades locais contratantes ante as que deban producir efectos, na forma e coas condicións que as normas de desenvolvemento xxxxx Xxx establezan.
b) Mediante aval, prestado na forma e condicións que establezan as normas de desenvolvemento xxxxx Xxx, por algún dos bancos, caixas de aforros, cooperativas de crédito, establecementos financeiros de crédito e sociedades de garantía recíproca autorizados para operar en España, que xxxxxx depositarse nos establecementos sinalados na letra a) anterior.
c) Mediante contrato de seguro de caución, celebrado na forma e condicións que as normas de desenvolvemento xxxxx Xxx establezan, xxxxx entidade aseguradora autorizada para operar no ramo. O certificado do xxxxxx xxxxxx entregarse nos establecementos sinalados na letra a anterior.
A garantía non será devolta ou cancelada ata que se producise o vencemento do prazo de garantía e cumprido satisfactoriamente o contrato.
Esta garantía responderá aos conceptos incluídos no artigo 100 do Rdl 3/2011, do 14 de novembro.
CLÁUSULA DÉCIMO QUINTA. Formalización do Contrato
A formalización do contrato en documento administrativo farase dentro dos xxxxxx xxxx hábiles seguintes á data da notificación da adxudicación; dito documento constituirá título suficiente para acceder a calquera rexistro público.
O contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos.
CLÁUSULA DÉCIMO SEXTA. Dereitos e Obrigas do Adxudicatario
O contrato executarase con suxeición ao establecido nas súas cláusulas e nos pregos, e de acordo coas instrucións que para a súa interpretación dese ao contratista o órgano de contratación.
O contratista será responsable da calidade técnica dos traballos que desenvolva e das prestacións e servizos realizados, así como das consecuencias que se deduzan para a Administración ou para terceiros das omisións, erros, métodos inadecuados ou conclusións incorrectas na execución do contrato.
Ademais son obrigas específicas do contratista as seguintes:
— O contratista está obrigado a dedicar ou adscribir á execución do contrato os medios persoais ou materiais suficientes para elo (artigo 53.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público).
— Xxxxxx esixibles ao contratista. Son de conta do contratista, os gastos e impostos do anuncio ou anuncios de licitación e adxudicación, así como calquera outros que resulten de aplicación, segundo as disposicións vixentes na forma e contía que estas sinalen.
— O contratista está obrigado ao cumprimento dos requisitos previstos no artigo 227 do Rdl 3/2011, de 14 de novembro, para os supostos de subcontratación.
CLÁUSULA DÉCIMO SÉTIMA. Revisión de Prezos
O prezo deste contrato non poderá ser obxecto de revisión.
CLÁUSULA DÉCIMO OITAVA: Execución do Contrato
O contrato executarase de acordo ao establecido neste prego de condicións e no Prego de Prescricións Técnicas, e de acordo coas instrucións que se darán ao contratista para a súa interpretación polo órgano de contratación.
CLÁUSULA DÉCIMO NOVENA. Modificación do Contrato
A Administración poderá modificar o contrato por razóns de interese público e para atender a causas imprevistas, xustificando debidamente a súa necesidade no expediente. As modificacións non afectarán ás condicións esenciais do contrato.
As modificacións do contrato formalizaranse de conformidade co establecido no artigo 105 do Rdl 3/2011, de 14 de novembro.
CLÁUSULA VIXÉSIMA. Penalidades por Incumprimento
— Cando o contratista, por causas imputables ao mesmo, incorrese en demora respecto ao cumprimento do prazo total, a Administración poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades.
Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5% do prezo do contrato, o órgano de contratación estará facultado para proceder á resolución do mesmo ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades.
— Cando o contratista, por causas imputables ao mesmo, incumprise a execución parcial das prestacións definidas no contrato, a Administración poderá optar, indistintamente, pola súa resolución ou pola imposición das penalidades establecidas anteriormente.
— Cando o contratista incumprise a adscrición á execución do contrato de medios persoais ou materiais suficientes para elo, impoñeranse penalidades de ata o 10% do orzamento do contrato.
As penalidades impoñeranse por acordo do órgano de contratación, adoptado a proposta do responsable do contrato se se designase, que será
inmediatamente executivo, e faranse efectivas mediante dedución das cantidades que, en concepto de pago total ou parcial, deban abonarse ao contratista ou sobre a garantía que, no seu caso, se constituíse, cando non poidan deducirse das mencionadas certificacións.
CLÁUSULA VIXÉSIMA PRIMEIRA. Resolución do Contrato
A resolución do contrato xxxx xxxxx nos supostos que se sinalan neste Prego e nos fixados nos artigos 223 e 308 do Rdl 3/2011, de 14 de novembro, e acordarase polo órgano de contratación, de oficio ou a instancia do contratista.
Cando o contrato se resolva por culpa do contratista, incautarase a garantía definitiva, sen prexuízo da indemnización polos xxxxx e prexuízos orixinados á Administración, no que excedan do importe da garantía.
CLÁUSULA VIXÉSIMO SEGUNDA. Réxime Xurídico do Contrato
Este contrato ten carácter administrativo e a súa preparación, adxudicación, efectos e extinción rexerase polo establecido neste Prego, e para o non previsto nel, será de aplicación o texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro; o Real Decreto 817/2009, de 8 xx xxxx, x x Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas en todo o que non se opoña ao texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, e estea vixente tras a entrada en vigor do Real decreto 817/2009. De maneira supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado.
A Orde Xurisdicional Contenciosa - Administrativa será a competente para resolver as controversias que xurdan entre as partes no presente contrato de conformidade co disposto no artigo 21.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.
Vedra, 13 de xuño de 2013
O Alcalde,
Xxxxxx Xxxxxxxx Xxxxxxxx