CONQI0A5
Dependencia
CON.- Negociado de Contratación de Obras e Servicios
54.- PLOBA
Sello
Fecha
09-03-06 13:09
Documento
CONQI0A5
ExpedienteCON/67/2006
PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES REGULADORAS DEL CONCURSO PÚBLICO POLO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A ADXUDICACIÓN DO CONTRATO DE CONSULTORÍA E ASISTENCIA TÉCNICA PARA A REDACCIÓN DO PLAN PARCIAL DO SUD-18 CANEIROS-BOISACA EN XXXXXXXX DE COMPOSTELA.
ÍNDICE
OBXECTO E RÉXIME XURÍDICO
ORZAMENTO, EXISTENCIA DE CRÉDITO, IMPOSTOS E REVISIÓN DE PREZOS
CAPACIDADE PARA CONTRATAR
DOCUMENTACIÓN
PRESENTACIÓN E APERTURA DE PROPOSICIÓNS
PROCEDEMENTO E FORMA DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN
PRAZO DE EXECUCIÓN DO CONTRATO
FIANZAS
FORMALIZACIÓN DO CONTRATO
SEGUIMENTO E CONTROL NA EXECUCIÓN DOS TRABALLOS
PAGAMENTOS
IMPOSTOS E ANUNCIOS
OBRIGAS SOCIAIS E LABORAIS
SANCIÓN POR DEFICIENCIAS OU INCUMPRIMENTO DE PRAZOS
CAUSAS DE RESOLUCIÓN
CONFIDENCIALIDADE
DESTINO E PROPIEDADE INTELECTUAL
RÉXIME XURÍDICO DO CONTRATO
PRERROGATIVAS DA ADMINISTRACIÓN
LINGUA GALEGA
OBXECTO E RÉXIME XURÍDICO
Este prego de cláusulas económico-administrativas particulares ten por obxecto, consonte o establecido no art. 196.2 do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (TRLCAP), contratar os traballos de asistencia técnica para a redacción do Plan Parcial do SUD-18 CANEIROS-BOISACA, previsto na revisión do Plan xeral de ordenación municipal, coa documentación e contido que se define nos artigos 64 e 65 da Lei 9/2002 de Ordenación urbanística e protección do medio rural xx Xxxxxxx coas modificacións introducidas na Lei 5/2004 de 29 de decembro, no Regulamento de planeamento, e no presente prego.
Os obxectivos e criterios de ordenación serán os fixados na Revisión do Plan xeral de ordenación municipal. O uso característico do SUD-18 é o industrial e o terciario en polígono, coas compatibilidades previstas na normativa .
O contrato rexerase polo establecido neste prego e polo prego de prescricións técnicas, polo TRLCAP e polo seu Regulamento Xeral (RXLCAP) (aprobado por Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro), en todo o que non se opoña ou contradiga a este.
O descoñecemento do contrato en calquera dos seus termos, dos documentos anexos que xxxxxx parte del, ou das instruccións, pregos ou normas de toda índole promulgadas pola Administración e que poidan ter aplicación na execución do pactado, non eximirá ao contratista do seu cumprimento.
Na execución deste contrato, o empresario quedará obrigado con respecto ao persoal que empregue na prestación do servicio de consultoría e asistencia, ao cumprimento das disposicións vixentes en materia de ordenación laboral e social, así como ás que se poidan promulgar durante a execución do dito contrato
O empresario, para utilizar materiais, subministracións, procedementos e equipos para a execución do obxecto do contrato, xxxxxx obter as cesións, permisos e autorizacións necesarias dos titulares das patentes, modelos e marcas de fabricación correspondentes, correndo pola súa conta o pagamento dos dereitos e indemnizacións por tales conceptos.
O empresario será responsable de toda reclamación relativa á propiedade industrial e comercial, e xxxxxx indemnizar á Administración por todos os xxxxx e perdas que para esta poidan derivarse da interposición de reclamacións.
ORZAMENTO, EXISTENCIA DE CRÉDITO, IMPOSTOS E REVISIÓN DE PREZOS.
O prezo da licitación establécese na cantidade máxima de 100.145 (cen mil cento corenta e cinco) euros IVE engadido e aboarase con cargo ás seguintes partidas orzamentarias:
50% ------------- 2006
50% ---------- 2007
2.2. Para todos os efectos entenderase que as ofertas presentadas polos empresarios comprenden, non só o prezo do contrato, xxxxx xxxxx o IVE, de acordo co artigo 77 do TRLCAP.
2.3. En calquera caso, o prezo de licitación é comprensivo da totalidade do contrato, polo que nel están implícitos os seguintes gastos:
a) Gastos xerais e beneficio industrial.
b) O importe dos traballos accesorios ou auxiliares.
c) Os gastos correspondentes ao control de calidade, se os houbese.
d) Os gastos de licitación e formalización do contrato.
e) O importe das cargas laborais de todo tipo.
f) Os impostos, taxas ou gastos de calquera orde correspondentes á solicitude e obtención dos permisos e licencias que sexan necesarios para a execución do contrato.
2.4. Non procede a revisión dos prezos, dado o prazo de execución do contrato.
CAPACIDADE PARA CONTRATAR
Están facultados para contratar as persoas naturais ou xurídicas españolas ou estranxeiras que, tendo plena capacidade de obrar segundo o establecido no artigo 197 en relación co artigo 15 da TRLCAP, non estean comprendidas nalgunha das circunstancias que sinala o artigo 20 do dito TRLCAP.
DOCUMENTACIÓN
4.1. Acreditación de personalidade
4. 1. 1. Os empresarios acreditarán a súa personalidade. Se se trata de empresario individual, presentará o documento nacional de identidade ou o que, de ser o caso, o substitúa regulamentariamente. Xx xxxx persoa xurídica, acompañará copia autorizada ou testemuño notarial da escritura de constitución e/ou modificación, xx x x xxxx, debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, sendo suficiente, cando xx xxxxx de empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea, acreditar a súa inscrición nun rexistro profesional ou comarcal cando este requisito sexa esixido pola lexislación do estado respectivo. Os demais empresarios estranxeiros acreditarán a súa capacidade de obrar con certificación expedida pola embaixada de España no estado correspondente.
As empresas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, acreditarán que a finalidade ou actividade que desenvolven ten relación directa co obxecto do contrato. Para iso achegarán os estatutos ou regras fundacionais e acreditarán que dispoñen dunha organización con elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato.
4.1.2. Os que comparezan ou asinen proposicións en nome doutros, presentarán un poder debidamente verificado polo secretario xeral do goberno municipal ou polo funcionario/a en que delegue.
4.1.3. Cando dúas ou máis empresas presenten oferta conxunta de licitación constituíndo agrupación temporal, cada unha acreditará a súa personalidade e capacidade, e indicará os nomes e circunstancias dos empresarios que a subscriben, a participación de cada un deles, e designará a persoa ou entidade que durante a vixencia do contrato ostentará a plena representación de todas fronte á Administración.
4.1.4. Nos casos en que o licitador prevexa a necesidade de contratar con terceiros parte dos traballos, xxxxxx indicar o seu nome, a referencia dos traballos e a porcentaxe que representan sobre a totalidade do orzamento.
Así mesmo, incluirá un compromiso de colaboración na elaboración dos traballos subscrito polos técnicos superiores ofertados, onde se fará constar o compromiso de respectar a incompatibilidade establecida no apartado 4.4.3. deste prego.
4.1.5. Para os empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea será suficiente que acrediten perante o órgano de contratación a súa solvencia económico‑ financeira, técnica e profesional, consonte o previsto nos epígrafes 4.2 e 4.3.
4.1.6. Certificacións administrativas expedidas polo órgano competente, nas que conste que o licitador se atopa ao día no cumprimento das obrigas tributarias e de seguridade social, nos termos que indica o artigo 79.2 do TRLCAP.
4.1.7. Presentación da alta e, xx x x xxxx, do último recibo do imposto sobre actividades económicas.
4. 1. 8. Declaración responsable de que a persoa física ou xurídica non está incursa en ningunha das prohibicións de contratar, consonte os artigos 15 ao 20 da TRLCAP.
4. 1. 9. Certificado xxxxxxxx xxxx tesourería municipal acreditativo de que o adxudicatario non ten débedas pendentes co Concello xx Xxxxxxxx.
4.2. Capacidade e solvencia económica e financeira.
A xustificación da capacidade e solvencia económica e financeira da empresa, que poderá acreditarse por algún dos medios seguintes:
4.2.1. Informe de institucións financeiras ou, de ser o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais.
4.2.2. Tratándose de sociedades, presentación de balances ou extractos de balances, no suposto de que a publicación destes sexa obrigatoria nos estados onde aquelas se atopan establecidas.
4.2.3. Declaración relativa á cifra de negocios global, servicios ou traballos realizados no curso dos tres últimos exercicios.
Se, por razóns xustificadas, un empresario non pode facilitar as referencias solicitadas, poderá acreditar a súa solvencia económico‑financeira con calquera outra documentación considerada como suficiente pola Administración.
4.3. A solvencia técnica ou profesional
A xustificación da solvencia técnica xxxxxx acreditarse por os medios seguintes:
4.3.1. Unha descrición do equipo técnico participante no contrato, estea ou non integrado directamente na empresa do contratista.
4.3.2. Titulacións académicas e profesionais de cada membro do equipo responsable da execución do contrato. Xxxxxx acreditarse o carácter multidisciplinar do equipo.
No caso de que o licitador prevea a contratación con terceiros de parte dos traballos, indicarase o nome daqueles, referencias e porcentaxes xxxxx subcontrata no presuposto total.
No caso de contar coa colaboración doutros profesionais ou empresas especializadas, deberase acompañar, como documento dos méritos persoais, unha relación daqueles, indicando o nome, titulo, especialidade e experiencia. Neste caso será necesario presentar o compromiso escrito de colaboración dos interesados.
4.3.3. Unha relación dos principais servicios e traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa o importe, as datas e os beneficiarios públicos e privados das mesmas. Os servicios e traballos relacionados deberán acreditarse mediante a correspondente certificación emitida polo beneficiario.
4.3.4. Unha declaración do material, instalacións e equipo técnico do que dispoña o empresario para a realización do contrato.
4.3.5. Unha declaración que indique a media anual de traballadores/as x x xxxxx de persoal directivo durante os últimos tres anos.
4.4. Varios
4.4.1. Todos os documentos de acreditación que se solicitan deberán ser orixinais ou estar debidamente compulsados.
4.4.2. As empresas estranxeiras presentarán declaración de sometérense á xurisdicción dos xulgados e tribunais españois de calquera orde para todas as incidencias que, de xeito directo ou indirecto, puidesen xurdir do contrato e con renuncia, de ser o caso, ao foro xurisdiccional estranxeiro que puidese corresponderlles.
4.4.3. As empresa consultoras e os profesionais que interveñen nos traballos xxxxx incompatibilidade para realizar traballos de iniciativa particular de planeamento, de urbanización e de edificación no ámbito do planeamento, a partires da data da adxudicación e ata dous anos despois da aprobación definitiva dos plans.
4.4.4. Achegarase o documento que acredite ante o órgano de contratación ter constituída na caixa da Corporación a garantía provisional equivalente ao 2% do orzamento de licitación e xxxxx contía que é a indicada no epígrafe correspondente do cadro de características do contrato.
A non constitución de garantía provisional dentro do prazo, se xxxx xxxx esixible, ou por un importe inferior ao establecido, será causa de exclusión automática da licitación.
PRESENTACIÓN E APERTURA DE PROPOSICIÓNS.
5.1. As proposicións presentaranse no rexistro xeral do Concello dentro do prazo de 15 xxxx naturais que comezará a contarse e entenderase aberto desde o día seguinte á derradeira das datas das publicacións que corresponda xxxxx no D.O.G e no B.O.P. da A Coruña, en horas de nove a catorce, en dous sobres pechados, asinados polo licitador ou persoa que o represente e coa documentación e requisitos do artigo seguinte.
Tamén poderán presentarse proposicións por correo. Neste caso, o interesado xxxxxx acreditar co resgardo correspondente, a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar o mesmo día, por fax, télex ou telegrama, ao órgano de contratación a remisión da proposta. Sen cumprir xxxxx requisitos non será admitida a proposición. Non obstante, transcorridos 10 xxxx dende o remate do prazo de presentación, non será admitida ningunha proposición enviada por correo. O Rexistro de Licitacións acreditará a recepción do resgardo, fax ou telegrama.
5.2. As proposicións constarán, como queda dito, de dous sobres nos que se incluirá a seguinte documentación:
Sobre número A.‑ Título: Documentación administrativa CON/67/2006.
Conterá os documentos aos que se fai referencia no epígrafe 4.1 e 4.2.
Sobre B.‑ Título: Proposición económica e referencias técnicas CON/67/2006.
Neste sobre incluirase a proposición económica, consonte o modelo que figura anexo a este prego.
Como referencias técnicas conterá os documentos referidos no epígrafe 4.3 e todos aqueles que permitan valorar a oferta presentada consonte os criterios de adxudicación.
5.3. De acordo co previsto no artigo 81 da TRLCAP, a Mesa de Contratación estará integrada por:
Presidente.‑ O alcalde ou persoa en que delegase.
Vocais.- Un representante de cada grupo político municipal.
O concelleiro delegado de Urbanismo.
A directora da área de urbanismo
O xefe de servizo de programación e proxección.
O xefe do servicio de planeamento e xestión
O director da asesoría xurídica municipal
O interventor municipal
Secretario.- Actuará como secretario o xefe da sección de Contratación.
5.4. A Mesa constituirase ás 10:30 horas do segundo día hábil seguinte, non sábado, a aquel en que remata o prazo de presentación de propostas, e procederá, en sesión privada, á apertura do sobre A e ao exame da documentación que conteñen, podendo conceder un prazo non superior a tres (3) xxxx, establecido no RXLCAP, para emendar defectos materiais na documentación presentada, recadar do empresario aclaracións sobre os certificados e documentos presentados, ou requirilo para a presentación doutros complementarios.
De seguido, e en acto público, abriranse o sobre B dos formulados nos termos legais procedentes, redactando unha acta na que se indiquen todas as ofertas formuladas. A continuación, a Xxxx acordará o estudio e valoración das distintas propostas que xxxxx formuladas, podendo recadar para tales efectos os informes técnicos que considere precisos antes de formular proposta de adxudicación ao órgano de contratación.
5.5. A presentación de proposicións presume a aceptación incondicional deste prego por parte do empresario e a declaración responsable de que reúne todas e cada unha das condicións esixidas para contratar coa Administración.
5.6. Dentro dos cinco xxxx seguintes a aquel en que se celebre a licitación, os asinantes das proposicións admitidas e os das rexeitadas que amosaran a súa desconformidade poderán expoñer por escrito ante o órgano de contratación todo o que consideren conveniente respecto aos preliminares e ao desenvolvemento do acto de licitación e á capacidade xurídica dos outros licitadores.
5.7. A Xunta de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, recibida a documentación da Mesa de Contratación e a proposta de adxudicación avaliada por os informes técnicos correspondentes, dictará resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa ou declarando deserto o concurso. Os efectos de elaborar a correspondente proposta de adxudicación a Mesa de Contratación poderá solicitar o asesoramento dun ou varios profesionais expertos no obxecto do contrato.
A adxudicación será notificada aos participantes na licitación.
PROCEDEMENTO E FORMA DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN.
6.1. A adxudicación do contrato realizarase polo procedemento aberto na súa forma de concurso.
6.2. Criterios de adxudicación:
Avance de ordenación: ata 15 puntos.
Valorase a presentación dun avance de ordenación sobre os ámbitos do obxecto do contrato, primándose a calidade das propostas presentadas e a súa adecuación ós obxectivos do planeamento a desenvolver. En particular teranse en conta:
A integración ambiental e paisaxística da proposta de localización dos usos previstos.
A limpeza e adecuación das solucións volumétricas previstas.
A relación da nova ordenación cos solos colindantes.
Calidade e valor técnico na execución de traballos semellantes ó obxeto do contrato: ata 10 puntos.
Valoraranse planeamentos de desenvolvemento (plans parciais, plans sectoriais...) sobre ámbitos con industrial e/ou terciario aprobados nos últimos cinco anos.
A xxxxx efectos presentarase a documentación necesaria (croques, planos, memorias explicativas, fotografías…) que permitan avaliar o traballo realizado.
Xxxxxx acreditarse a autoría e aprobación do planeamento mediante as oportunas certificacións.
Oferta económica: ata 5 puntos.
As ofertas presentadas polos distintos licitadores valoraranse proporcionalmente en consideración á súa contía.
Cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida ser cumprida como consecuencia de baixas desproporcionadas ou temerarias notificará esta circunstancia aos licitadores supostamente comprendidos nela para que, dentro do prazo de cinco xxxx, xustifiquen as ditas baixas. A xustificación realizada polos licitadores remitirase aos servicios técnicos co fin de que emitan o correspondente informe.
O carácter desproporcionado ou temerario das baixas apreciarase consonte o disposto no artigo 83.3 do TRLCAP e no 85 do RXLCAP.
PRAZO DE EXECUCIÓN DO CONTRATO.
O tempo total de execución do traballo técnico é de 9 meses, distribuídos nas seguintes fases segundo se establece no prego de prescricións técnicas:
FASE |
CONTIDO |
ENTREGA |
1 |
Avance de planeamento |
2 meses |
2 |
Documento para aprobación inicial |
3 meses |
3 |
Informe de alegacións |
1 mes |
4 |
Documento para aprobación definitiva |
2 meses |
5 |
Documento refundido final |
1 mes |
Os prazos enténdense como os establecidos para o desenvolvemento dos traballos técnicos polo adxudicatario. Non se computa o tempo de tramitación e adopción de acordos municipais, que deberán desenvolverse coa maior axilidade posible.
A data oficial de comezo dos traballos será a do día seguinte a sinatura do documento de formalización do contrato. O primeiro prazo será contado a partir da data oficial de comezo dos traballos. O segundo prazo será contado a partir da recepción de conformidade da fase previa. O resto dos prazos computaranse desde o recibo polo contratista do expediente remitido polo Concello co resultado da tramitación administrativa da fase anterior.
FIANZAS
8.1. O adxudicatario constituirá unha fianza definitiva equivalente ao 4% do orzamento de adxudicación, no prazo de 15 xxxx naturais, contados desde a aquel en que se lle notifique a adxudicación do contrato. En caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ao adxudicatario, declararase resolto o contrato.
8.2. A fianza constituirase en calquera das formas admitidas nos artigos 36.1 e 41.3 do TRLCAP e depositarase na administración da Tesourería do Concello de Santiago de Compostela.
8.3. Garantía Provisional: 2.002’9 € (dous mil dous con nove euros)
FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.
9.1. Previamente á formalización do contrato, o adxudicatario achegará xustificantes acreditativos de ter depositado a fianza definitiva a que se refire a cláusula 8 deste prego.
9.2. O contrato formalizarase en documento administrativo dentro do prazo de 30 xxxx a contar dende o seguinte ao da notificación da adxudicación. Non obstante, poderá elevarse a escritura pública cando o solicite o contratista, correndo pola súa conta os gastos derivados do seu outorgamento. Non se poderá iniciar a execución do contrato sen esta formalización previa.
9.3. Cando, por causas imputables ao contratista, non se puidese formalizar o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución consonte o previsto no artigo 54.3 do TRLCAP.
SEGUIMENTO E CONTROL NA EXECUCIÓN DOS TRABALLOS
Por parte do Concello de Santiago de Compostela existirá un director responsable do proxecto e que coordinará co responsable da empresa ofertante o seguimento do proxecto.
O traballo realizarase baixo a supervisión dun Comité Técnico de Dirección do Proxecto, designado polo Concello.
O adxudicatario xxxxxx desenvolver os seus traballos con estricto cumprimento do disposto neste Prego e de acordo coas instruccións e directrices que reciba da dirección técnica.
Por parte do adxudicatario nomearanse os interlocutores que se relacionarán coa Administración. O director do equipo representante da empresa adxudicataria xxxxxx asistir ás xuntanzas a que sexa convocado polo Concello.
PAGAMENTOS
11.1. O adxudicatario ten dereito ao aboamento do prezo acordado no contrato.
Os prazos e forma de pagamento establécense mediante libramentos parciais sucesivos á entrega dos traballos –seis exemplares de cada unha das fases- correspondente as respectivas certificacións ás porcentaxes do prezo que se indican:
FASE |
CONTIDO |
% |
1 |
Avance de planeamento |
10 |
2 |
Documento para aprobación inicial |
40 |
3 |
Informe de alegacións |
10 |
4 |
Documento para aprobación definitiva |
30 |
5 |
Documento refundido final |
10 |
IMPOSTOS E ANUNCIOS
Tanto nas proposicións que presenten os licitadores como nos importes de adxudicación, entenderanse comprendidos todos os impostos, dereitos e taxas que sexan consecuencia do contrato, tamén o imposto sobre a valor engadido, sen que poida imputarse á Administración ningún pagamento por tales conceptos.
Así mesmo, serán por conta do adxudicatario tódolos gastos de publicación de anuncios de licitación nos boletíns oficiais ou na prensa, se os houbese, e en xeral calquera outro gasto que poda ser aplicable en relación con este contrato.
En aplicación do disposto no artigo 78.1 do TRLCAP, o importe máximo dos gastos pola publicación xxxxx licitación será de 3.000 euros, aplicándose en todo caso as tarifas oficiais vixentes nos citados boletíns ou xornais.
OBRIGAS SOCIAIS E LABORAIS
O adxudicatario está obrigado ao cumprimento das disposicións vixentes en materia laboral, de seguridade e saúde no traballo.
SANCIÓN POR DEFICIENCIAS OU INCUMPRIMENTO DE PRAZOS
Cando sexan imputables ó contratista os atrasos ou demoras no cumprimento dos prazos establecidos para a execución do contrato así como as deficiencias na prestación dos servicios, o presidente da Corporación poderá elixir, indistintamente, entre a resolución do contrato ou a imposición de sancións administrativas.
As sancións gradúanse con carácter xeral, de acordo co orzamento total ou parcial do contrato e segundo que o prazo incumprido sexa o total ou un parcial da mesma, consonte o que dispón o artigo 95 do TRLCAP.
A reiterada prestación dos servicios de forma defectuosa poderá xxx xxxxx á resolución do contrato, despois da incoación do oportuno expediente.
CAUSAS DE RESOLUCIÓN
Son as previstas no artigo 214 do TRLCAP, cos efectos establecidos no art. 215 do mesmo texto legal. En todo caso, cando o contrato se resolva por causa imputable ó contratista seralle incautada a fianza e xxxxxx indemnizar ó Concello polos xxxxx e perdas ocasionados na contía que excedan de daquela.
CONFIDENCIALIDADE
A empresa adxudicataria comprométese a tratar de xeito confidencial calquera información á que tivera acceso durante a prestación dos servicios obxecto de contrato, e que xxxx a consideración de confidencial.
En calquera caso, estará suxeito ó cumprimento do Protocolo Municipal de Seguridade para a Protección de Datos de Carácter Persoal, así como a toda a lexislación vixente nesta materia.
Para tales efectos, non terían a consideración de confidenciais os datos que:
Sexan de dominio público ou que pasen a ser de dominio público durante o desenvolvemento do proxecto.
Sexan lexitimamente recibidos pola empresa adxudicataria dun terceiro.
De igual xeito, a empresa adxudicataria responsabilizarase do cumprimento das obrigas de confidencialidade por parte do persoal ó seu servicio que participe no proxecto.
De conformidade co previsto no artigo 12 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, no que se refire ó acceso de datos de carácter persoal vinculado á prestación de servicios por conta de terceiros, o persoal da empresa manterá a máis estricta confidencialidade sobre a información subministrada polo Concello de Santiago de Compostela con motivo da execución do presente traballo, comprometéndose a protexer axeitadamente e xxxxx que se utilice a devandita información unicamente para o cumprimento dos obxectivos do proxecto.
Unha vez cumpridos ós servicios ós que se refire o presente Xxxxx, calquera documento que conteña datos confidencias, sexa cal sexa o soporte, xxxxxx ser destruído ou devolto ó Concello.
DESTINO E PROPIEDADE INTELECTUAL
Sen prexuízo do disposto na normativa aplicable respecto á propiedade intelectual, o adxudicatario e todo o persoal externo que participe neste proxecto, aceptan expresamente que a propiedade intelectual dos productos obtidos no desenvolvemento do mesmo corresponden ó Concello de Santiago de Compostela con exclusividade e a todos os efectos e, en consecuencia, non poderán ser reproducidos total ou parcialmente sen a previa e expresa autorización escrita do Concello.
En consecuencia, todos os traballos realizados polo adxudicatario e por calquera dos seus empregados para a execución deste proxecto, serán propiedade exclusiva do Concello. Nin a empresa adxudicataria nin os seus empregados poderán utilizar os devanditos traballos ou facilitar o acceso ós mesmos a terceiras persoas, físicas ou xurídicas, sen a correspondente autorización e consentimento expreso e por escrito do órgano competente do Concello.
A empresa adxudicataria e os empregados da mesma que participen nos traballos, ou que teñan coñecemento dos mesmos, xxxxxxx xxxxxx absoluta confidencialidade.
RÉXIME XURÍDICO DO CONTRATO
O adxudicatario quedará sometido ás disposicións citadas na cláusula 1ª deste prego, os seus concordantes e de xeral aplicación. Dada a natureza administrativa do contrato, as cuestións litixiosas que poidan xurdir en canto á súa aplicación, modificación, resolución e efectos, serán resoltas en vía administrativa, sendo a xurisdicción contencioso-administrativa a competente.
PRERROGATIVAS DA ADMINISTRACIÓN
19.1. A Administración ostenta a prerrogativa de interpretar os contratos administrativos e resolver as dúbidas que ofreza o seu cumprimento. Igualmente poderá modificar e acordar a súa resolución, dentro dos límites e con suxeición aos requisitos sinalados no TRLCAP.
19.2. Serán inmediatamente executivos os acordos que dicte o órgano de contratación, no exercicio das súas prerrogativas de interpretación, modificación e resolución.
LINGUA GALEGA
Todas as comunicacións que se deriven deste contrato ou do seu obxecto, xa sexan orais ou escritas, dirixidos a esta Administración ou a calquera outra entidade ou persoa, incluíndo a presencia pública mediante rótulos, avisos, sinais informativos, publicidade, etc., e, obviamente, do mesmo xeito, o obxecto do contrato en sí, estarán redactados en lingua galega de acordo co previsto no Regulamento de uso do galego na administración municipal de Santiago de Compostela, especialmente no seu artigo 8.
MODELO DE PROPOSICIÓN ECONÓMICA
D./Dª.............................................................................................................................. maior de xxxxx, xxxxxx/a de .............................................................................................
con enderezo en ....... ........ ...................................................................................
documento nacional de identidade número .................................................................
en nome propio ou en representación de ......................................................................
manifesta o seguinte:
a) Como concursante e como adxudicatario, xx x xxxx, mostra a súa conformidade e acepta integramente o prego de cláusulas administrativas particulares e o de prescricións técnicas deste concurso e cantas obrigas deste se deriven.
b) Comprométese á prestación do asistencia técnica que terá por obxecto______________ao prezo que se detalla (poñer en letras e cifras):
................................................................................................................................................................................................................................................................................
En ...................................., ......., de ....................................... de 2___
O licitador,
(Selo da empresa)
Asdo.: (Nome e apelidos do apoderado.)
CONCELLO XX XXXXXXXX * Praza do Obradoiro s/n * 15705 * Xxxxxxxx de Compostela * Tel. 000 000 000 * xxx.xxxxxxxxxxxxxxxxxxxx.xxx
![](http://www.santiagodecompostela.gal/medi/tramites/Convocatorias/CONTRATACION_PUBLICA/SERVIZOS_E_CONSULTORIAS/94w2N5h8YFf_html_3343daf797e12870.gif)