PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES PARA A CONTRATACIÓN DE SUBMINISTROS POR PROCEDEMENTO NEGOCIADO CON PUBLICIDADE.
PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES PARA A CONTRATACIÓN DE SUBMINISTROS POR PROCEDEMENTO NEGOCIADO CON PUBLICIDADE.
APARTADO PRELIMINAR. RESUME DE CARACTERÍSTICAS:
Expediente nº: 2008/038C
Asunto: Contratación de Subministros.
Datos do contrato:
- Obxecto: Arrendamento financieiro de máquina retro-excavadora.
- Número de cuotas: 48 cuotas de periodicidade mensual.
Procedemento: Negociado con publicidade. Tramitación: ordinaria
Organo de contratación: Alcaldía.
Perfil del contratante: xxxx://xxx.xxxxxx.xxx
I.- ELEMENTOS DO CONTRATO 1.- NORMAS REGULADORAS
A contratación regularase polo establecido neste Prego, xxxx Xxx 30/2007 de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público (LCSP) e, nos aspectos que non contradiga á anterior, polo Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP).
O contrato adxudicarase polo procedemento negociado, previsto e regulado polos artigos 153 a 162 da LCSP e artigos concordantes do RXLCAP.
2.- OBXECTO DO CONTRATO
O presente prego ten por obxecto a contratación do subministro dunha retroexcavadora mediante arrendamento financieiro directo consonte coas características técnicas que se descreben no informe técnico de 28 de xaneiro de 2008, que se adxunta a este prego.
A oferta debe incluír ademais do custo de adquisición de máquina e os gastos financieiros:
- Seguro a todo risco, sin franquicia, durante toda a vida do contrato.
- Mantemento e substitución de pezas, durante a vida do contrato, incluíndo traslados
a/dende o taller.
- Substitución de máquina por outra similar cando a reparación teña unha duración superior a tres xxxx, ou, no seu defecto, a minoración da cuota mensual en proporción ós xxxx en que a máquina permaneza inactiva por causas non imputables ó Concello.
- Rotulación do vehículo.
- Matriculación.
- Transporte ata o lugar que Administación designe dentro do término mucinipal de
Nigrán.
- Adestramento sobre funcionamento e manexo para o persoal municipal.
3. TIPO DE LICITACIÓN. FINANCIACION. PRAZO E LUGAR DE ENTREGA. DURACION DO CONTRATO. OPCION DE COMPRA.
O presuposto total do presente contrato é de 100.000,00 euros, incluído IVE e demáis tributos que sexan de aplicación segundo as disposicións vixentes.
Prevese a modalidade de arrendamento financeiro mediante xxxxx periódica mensual con 48 cotas constantes comprensivas de amortización e intereses (4 anos, a un tipo de xuro fixo) establecéndose a opción de compra para a adquisición do ben que se fará efectiva co pago da derradeira xxxx.
As melloras económicas realizaranse mediante baixa respecto ó presuposto máximo, expresando con toda claridade a cantidade exacta que se afecta.
As obrigas económicas do contrato que se deriven para a Administración no ano 2008 financiaranse con cargo á xxxxxxx 511.20300 do estado de gastos do orzamento xeral deste Concello para o ano 2008, e os dos seguintes exercicios ás partidas que correspondan dos respectivos orzamentos.
O inicio do pagamento do prezo efectuarase xxxxx expedición da acta de recepción e o pago das cotas aboaranse previa presentación, por parte do adxudicatario, da regulamentaria factura por meses naturais vencidos.
O prazo de entrega do ben será de 30 xxxx naturais a partir da formalización do contrato O lugar de entrega será na sede do Concello de Nigrán ou lugar onde a Administración
designe dentro do Término Municipal.
O prazo de duración do contrato extenderase ó do subministro do ben e ó do cumprimento dos dereitos e obrigas recíprocas.
Os precios de contratación deste subministro non poderán ser obxecto de revisión.
Finalizado o prazo de execución do contrato de arrendamento , o órgano de contratación, por decisión unilateral, poderá adquiri-la propiedade do ben obxecto do contrato, abonando o importe correspondente o valor establecido como residual.
Se non se exerce a opción de compra, o adxudicatario, unha vez finalizado o devandito prazo se fará cargo dos bens, retirándoos do lugar designado polo Concello, sin coste algún para a Administración.
4. CAPACIDADE PARA CONTRATAR.
Poderán participar na licitación convocada as persoas naturais ou xurídicas, nacionais o extranxeiras, que tendo plena capacidade xurídica e de obrar non estén comprendidas en ningunha das circunstancias que enumera o artígo 49 da Lei de Contratos do Sector Público como prohibicions de contratar.
Poderá contratarse con unions de empresarios que se constitúan temporalmente ó efecto, de acordo co establecido no artigo 48 da Lei de Contratos do Sector Público.
As empresas concurrentes deberán xustificar a solvencia económica, financieira e técnica demostrando que contan cos coñecementos técnicos, eficacia, experiencia e fiabilidade suficiente para desenvolver o obxecto do contrato, o que se acreditará a través dun ou varios dos medios establecidos nos artigos 64 e 66 da Lei de Contratos do Sector Público.
A presentación de proposicións presume por parte do licitador a aceptación incondicionada das cláusulas deste Prego e a declaración responsable de que reúne todas e cada unha das condicións esixidas para contratar coa Administración.
5. PROPOSICIONS.
Os licitadores presentarán dous sobres pechados e asinados por él mesmo ou persoa que o represente, nos que se indicarán ademáis xx xxxxx social e denominación da Entidade concursante, o título do contrato, e conterán: o primeiro, (A), a documentación esixida para xxxxx parte na licitación x x xxxxxxx (B) a proposición económica.
Documentación administrativa. Sobre A.
No dito sobre deberán incluírse obrigatoriamente, foliados e ordenadamente presentados os seguintes documentos:
a) Unha relación de tódolos documentos incluídos neste sobre co índice correspondente.
b) A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas que se acreditará
mediante a escritura de constitución e de modificación, xx x x xxxx, inscritas no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional no que consten as normas polas que xx xxxxxx a súa actividade, inscritos, xx x x xxxx, no correspondente Rexistro oficial.
A capacidade de obrar das empresas non españolas de estados membros da Unión Europea ou signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo acreditarase mediante a inscrición nos Rexistros ou a presentación das certificacións que se indican no anexo I do RXLCAP, en función dos diferentes contratos.
A capacidade de obrar das empresas estranxeiras non comprendidas no parágrafo anterior acreditarase mediante o informe xxxxxxxx xxxx Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España do lugar do domicilio da empresa, que se acompañará á documentación que se presente, que o estado de procedencia da empresa extranxeira admite a sua vez a participación de empresas epañolas na contratación coa Administración en forma sustancialmente análoga.
No suposto de concorrer un empresario individual presentará o documento nacional de identidade e, xx x x xxxx, a escritura de apoderamento debidamente legalizada, ou as súas fotocopias debidamente autenticadas.
c) Declaración responsable de non estar incurso o licitador nas prohibicións para contratar recollidas no artigo 49 da LCSP, que comprenderá expresamente a circunstancia de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. A proba xxxxx circunstancia poderá facerse por calquera dos medios sinalados no artigo 62 da LCSP.
d) Poder bastante para tal efecto a favor das persoas que comparezan ou asinen proposicións en nome doutro. Se o licitador fose persoa xurídica, este poder xxxxxx figurar inscrito no Rexistro Mercantil. Se se trata dun poder para acto concreto non é necesaria a inscrición no Rexistro Mercantil, de acordo co art. 94.5 do Regulamento do Rexistro Mercantil.
e) Os que xustifiquen os requisitos de solvencia económica, financieira e técnica ou profesional que serán, como mínimo, os seguintes:
- Relación dos principais arrendamentos financieiros efectuados durante os tres últimos anos, indicando importe, datas e destino público ou privado. Incorporarán os correspondentes certificados sobre os mesmos.
- Descripcións e fotografías dos productos a subministrar.
- Certificacións de institutos ou servicios oficiais ou homologados encargado do control de calidade.
f) As empresas extranxeiras aportarán unha declaración expresa de someterse á xurisdicción
dos Xulgados e Tribunais españois en calquer orde, para tódalas incidencias que dun modo directo ou indirecto poideran xurdir do contrato, con renuncia, e no seu caso, ó foro xurisdiccional extranxeiro que poidera corresponder ó licitante.
g) As empresas estranxeiras non comunitarias, ademais, deberán acreditar que xxxxx xxxxxx sucursal en España, con designación de apoderados ou representantes para a súas operacións e que estean inscritas no Rexistro Mercantil.
Os documentos poderán presentarse orixinais ou mediante copias dos mesmos que teñan carácter de auténticas, conforme á lexislación vixente.
Proposición económica. Sobre B.
A proposición expresará o valor ofertado como prezo de contrata para a obxecto de licitación, incluíndo de xeito separado o importe do imposto sobre o valor engadido que corresponda.
Presentarase redactada de acordo co modelo que se inserta a continuación: D........................................................................ con DNI ...................con enderezo en
.......................................en nome e representación de.........................................................
MANIFESTA
Que, enterado do procedemento de contratación de arrendamento financieiro de. ,
conforme con tódolos requisitos e condicións que se esixen para adxudicar mediante procedemento negociado a contratación do arrendamento e do Prego de Cláusulas Administrativas e das características técnicas que xxx xx xxxxx a dita licitación, e na representación que ostenta, comprométese a asumir o cumprimento do devandito contrato polo prezo de ……………………..euros, máis ………….. en concepto de IVE, Precio total…………….
según presuposto detallado que se achega das cotas que compoñen o arrendamento financieiro. Establecese como valor residual de opción de compra o de euros.
Xxxxx, data e sinatura.
Neste sobre incluirase tamén a proposta relativa aos criterios de adxudicación.
Cada licitador só poderá presentar unha soa proposición, calquera que sexa o número de dependencias onde esta poida ser presentada. Tampouco poderá subscribir ningunha proposta en agrupación temporal con outras se o fixo individualmente. A contravención deste principio xxxx xxxxx automaticamente á desestimación de tódalas por el presentadas
Prazo e lugar de entrega da proposición.-
Os sobres antes indicados deberán ser entregados no Rexistro xeral do Concello,
dende as 9 ata as 14 horas, no prazo de 15 xxxx naturais contados a partir da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou remitidos por correo dentro de dito prazo. Unha vez presentada unha proposición non poderá ser retirada baixo ningún pretexto.
Cando as proposicións se envien por correo o empresario xxxxxx xustifica-la data de imposición do envio na oficina de correos e comunicarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telex, fax ou telegrama no mesmo día. Sen a concorrencia de ámbolos requisitos non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de remate do prazo. Transcorridos, non obstante, 10 xxxx naturais seguintes á indicada data sen terse recibido a proposición, esta non será admitida en ningún caso
6. MESA DE CONTRATACIÓN
A Mesa de Contratación estará constituída do modo seguinte:
- Presidente, o Alcalde ou Concelleiro en quen delegue.
- Vocais:
- O Concelleiro Delegado correspondente.
- Un Técnico municipal
- O Interventor.
- O Secretario Xeral.
- Secretario: Un funcionario adscrito á Unidade de Contratación.
Cualificación da documentación xeral.- Concluído o prazo de presentación de proposicións, a Mesa de Contratación procederá á cualificación da documentación xeral presentada polos licitadores no sobre A.
Se a Mesa de Contratación observase defectos materiais na documentación presentada, poderá conceder, se o estima conveniente, un prazo non superior a 3 xxxx hábiles para que o licitador emende o defecto. A concesión do referido prazo farase mediante anuncio no taboleiro da Casa do Concello.
Se a documentación contivese defectos substanciais ou deficiencias materiais non reparables, rexeitarase a proposición.
Apertura de proposicións.- Posteriormente a Mesa de Contratación procederá á apertura das proposicións económicas, sobre B. A Mesa, que poderá solicitar antes de formular a proposta os informes que considere necesarios en relación co obxecto do contrato, elevará as proposicións presentadas, xunto coa acta e a proposta que xxxxxx pertinente -que incluirá en todo caso a ponderación dos criterios indicados- ó Órgano de Contratación que xxxx que efectuar a adxudicación.
7. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN.
Os criterios de valoración son os que se indican a continuación:
1.- Prezo final máis baixo considerado no seu conxunto tanto do vehículo coma da financiación e tanto do conxunto das cotas mensuais como do precio do valor residual. Valorarase de 0 a 7 puntos seguindo o seguinte criterio: Outorgarase 7 puntos á proposición con maior baixa respecto ó tipo de licitación e asignarase a puntuación do resto dos ofertantes gardando a debida proporción matemática.
2.- Melloras nas condicións técnicas, funcionais ou melloras medioambientais do ben que se adquire. Valorarase de 0 a 2 puntos.
3.- Menor prazo de entrega do ben. Valorarase de 0 a 1 punto. Outorgándose 1 punto se a entrega do ben que se adquire se reduce nun 50 % do prazo estipulado neste prego como prazo máximo.
O Concello reservase o dereito de declarar deserta a licitación se, na súa libre apreciación, ningunha das proposicions presentadas resultase convinte ós seus fins, sin que por elo se poida esixir por parte do contratista indemnización.
8. ADXUDICACIÓN PROVISIONAL E ADXUDICACIÓN DEFINITIVA. Adxudicación provisional.-
O órgano de contratación adxudicará provisionalmente o contrato de acordo cos aspectos sinalados no apartado anterior previa ponderación razonada e motivada dos mesmos ou previos os informes técnicos pertinentes. Dita adxudicación notificarase aos licitadores que presentaran ofertas e publicarase no perfil do contratante na páxina web do Concello.
Adxudicación definitiva.-
A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que percorran 15 xxxx hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique a adxudicación no perfil do contratante do órgano de contratación.
Dita adxudicación, que en todo xxxx xxxxxx ser motivada, será notificada os licitadores, e ademais, publicada no perfil do contratante.
Durante este prazo, o adxudicatario provisional xxxxxx aportar os documentos acreditativos de estar xx xxxxxxxx coas suas obrigas tributarias e de seguridad social, de ter constituída a garantía definitiva conforme ao estipulado na cláusula seguinte . Asimesmo, poderá exisirse motivadamente ao adxudicatario que acredite novamente a sua personalidade e capacidade para contratar.
Para acreditar o cumprimento das obrigas tributarias e coa seguridade social xxxxxx
presentar orixinais ou copias auténticas dos seguintes documentos:
- Certificación expedida polos órganos competentes en cada caso, coa forma e os efectos previstos nos artigos 13,14,15,y 16 do RXLCAP, acreditativas de atoparse ao día do cumprimento das obrigas tributarias e coa seguridade social impostas polas disposicións vixentes.
- Certificación expedida polo Concello de Nigrán acreditativa de que non existen débedas de natureza tributaria co mesmo.
- Alta no imposto de Actividades Económicas, referida ao exercicio corriente, ou o último recibo, completado xxxxx declaración responsable de non terse dado de baixa na matrícula do citado imposto.
Se no prazo anterior non se recibira esta documentación ou o licitador non xustificara que se atopa ao día das suas obrigas tributarias e coa seguridade social, o órgano de adxudicación adxudicará provisionalmente o contrato ao licitador seguinte xxxx xxxx das suas ofertas.
Formalización do contrato.-
O contrato xxxxxx formalizarse en documento administrativo dentro do prazo de dez xxxx hábiles, a contar dende o seguinte ó da recepción polo adxudicatario da notificación da adxudicación definitiva. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos.
Cando, por causas imputables ó contratista, non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, o Concello poderá acordar a resolución do mesmo, así como a incautación da garantía definitiva.
Garantía definitiva.-
Publicada a adxudicación provisional do contrato no perfil do contratante, , o adxudicatario estará obrigado a constituír, no prazo máximo de 15 xxxx hábiles unha fianza definitiva do 5 por 100 (cinco por cento) do importe de adxudicación, IVA excluído. A garantía poderá constituírse en calquera das formas establecidas no artigo 84 da LCSP, cos requisitos establecidos no art. 55 e seguintes do RXLCAP ou mediante a garantía global cos requisitos establecidos no art. 86 da LCSP. De non cumprir este requisito por causas imputables a el mesmo, declararase resolto o contrato.
A garantía definitiva respostará dos conceptos recollidos no artigo 88 da LCSP.
A devolución e cancelación das garantías efectuarase de conformidade co disposto nos artigos 90 da LCSP e 65.2 e 3 do RXLCAP.
9. OBRIGAS ESPECIFICAS, GASTOS E PRAZO DE ENTREGA.
O adxudicatario non terá dereito a indemnización por causa de perda, averías ou prexuízos ocasionados nos bens antes da súa entrega ó Concello, salvo que éste tivera incorrido en demora para recibilos.
Obrigas do contratista de carácter específico e gastos esixibles.
As obrigas xerais derivadas do réxime xurídico do presente contrato.
O contratista está obrigado ó cumprimento das disposicións vixentes en materia laboral, de Seguridade Social e Seguridade e Hixiene no Traballo.
Son de conta do contratista os gastos e impostos derivados dos anuncios oficiais referentes a este contrato ata un importe máximo de 1.000 €.
Prazo de entrega.- O prazo total para a entrega do ben arrendado será de 30 xxxx, a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación da adxudicación.
A entrega efectuarase no lugar do término municipal que designe o Concello, en perfecto estado de funcionamento, sendo de conta do adxudicatario os gastos de transporte, montaxe e entrega.
Comprobación do suministro.- O Concello reservase o dereito de efectuar cantas comprobacións xxxxxx convintes da calidade do ben. Redactarase acta de recepción do ben asinada por un Técnico Municipal.
Se os bens non se atopan en estado de ser recibidos, farase constar así na acta de recepción, e daranse as instruccións precisas ó contratista para que subsane os defectos observados ou proceda a unha nova subministración de conformidade co pactado.
Penalidades por demora.- O adxudicatario queda obrigado ó cumprimento do prazo de entrega. Se chegado o termo o contratista tivera incorrido en demora por causas imputables ó mesmo, o Concello poderá optar pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades económicas. Estas xxxxx a contía determinada no artigo 196 da LCSP.
A perda da garantía ou dos importes das penalidades, non exclúen a indemnización por xxxxx e perdas a que poida ter dereito o Concello, orixinados xxxx xxxxxx do contratista.
Se o retraso fora producido por motivos non imputables ó contratista, estarase ó disposto no apartado 2 do artigo 197 da LCSP.
En todo caso, a constitución en demora do contratista non requirirá interpelación ou intimidación previa por parte da Administración.
O importe das penalidades por demora deducirase das facturas e, no seu caso, da garantía de conformidade co disposto no artigo 99 do RXLCAP.
10. ABOAMENTOS Ó ADXUDICATARIO.
O adxudicatario terá dereito ó abonamento do prezo das 48 cotas mensuais polo arrendamento financiero do ben efectivamente entregado e formalmente recibido polo Concello con arreglo as condiciones establecidas, previa presentación da correspondente factura no rexistro xeral do Concello conforme ó previsto no R D 2402/1985, de 18 de decembro, polo que xx xxxxxx o deber de expedir e entregar factura .
Ó remate do contrato O Concello poderá exercita-la opción de compra, polo que se esixirá un acto formal e positivo de recepción ou conformidade por parte da Administración.
11. REVISIÓN DE PREZOS.-
Non procede neste arrendamento a revisión de prezos.
12. SUBCONTRATACIÓN.-
A contratación polo adxudicatario da realización parcial do contrato con terceiros estará suxeita ós requisitos establecidos no artigo 210 da LCSP, así como o pagamento a subcontratistas e subministradores xxxxxx axustarse ó disposto no artigo 211 da LCSP.
13. PRAZO DE GARANTÍA E DEVOLUCIÓN DE GARANTÍA DEFINITIVA.
O prazo de garantía que se establece neste contrato se extenderá a tres meses maís dende a finalización do plazo do 48 meses previstos para o arrendamento ou dende o exercicio da opción de compra..
Xx xxxxxxx dito prazo se acreditara a existencia de vicios ou defectos no ben, terá dereito a Administración a reclamar do empresario a reposición dos bens inadecuados ou a reparación dos mesmos si fora suficiente.
Se a administración estimase, durante o prazo de garantía que os bens non son aptos para o fin pretendido como consecuencia dos vicios ou defectos observados en eles e imputables ó interesado, estarase ó disposto no art. 274 da LCSP
Rematado o prazo de garantía sen que o Concello formalizara algúns dos reparos ou a denuncia a que se refire os apartados 1 e 3 do art. 274 da LCSP, procederase a devolución da fianza definitiva, sen prexuicio do establecido con carácter xeral para as garantías dos bens subministrados
14. RESOLUCIÓN DO CONTRATO.-
A resolución do contrato xxxx xxxxx nos supostos que se sinalan nos artigos 206 e 275 da LCSP e será acordada polo órgano de contratación de oficio ou a instancia do contratista mediante procedemento no que se garanta a audiencia a este e cos efectos previstos nos artigos 207 e 276 da LCSP e 110 a 113 e 172 do RXLCAP.
15. PRERROGATIVAS DA ADMINISTRACIÓN E XURISDICIÓN
O órgano de contratación ostenta a prerrogativa de interpreta-los contratos administrativos e resolve-las dúbidas que ofreza o seu cumprimento. Igualmente, poderá modificar, por razóns de interés público, os contratos e acorda-la súa resolución e determina-los efectos xxxxx, dentro dos límites e con suxeición ós requisitos e efectos sinalados na LCSP e no RXLCAP.
Os acordos que dite o órgano de contratación, tralo informe da asesoría xurídica, no exercicio das súas prerrogativas de interpretación, modificación e resolución serán inmediatamente executivos.
As cuestións litixiosas xurdidas sobre a interpretación, modificación, resolución e efectos dos contratos administrativos serán resoltas polo órgano de contratación competente, nos que os ditos acordos porán fín á vía administrativa e contra xxxxx procederá o recurso contencioso-administrativo, conforme ó previsto xxxx Xxx reguladora da dita xurisdición, sen perxuízo de que os interesados poidan interpo-lo recurso potestativo de reposición, previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
DILIXENCIA: Para xxxxx constar que os presentes Prego de condicións administrativas e técnicas foron aprobados por Decreto da Alcaldía-Presidencia de 20 de xuño de 2008.
Asdo. Xxxxxx Xxxxxxxx Xxxx.
Funcionario responsable da tramitación